Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Xunta Reitora da UNED Ourense aproou o protocolo de colaboración para rehabilitar o vello cárcere e posterior traslado do centro universitario

13 de mayo de 2022

Trátase dun documento non vinculante que constitúe un primeiro paso para ir avanzando sempre que o Concello consiga a subvención do Programa de Impulso á  Rehabilitación de Edificios Públicos da Administración Local 

OURENSE, 13 de maio de 2022. A Xunta Reitora do Consorcio de UNED Ourense aprobou por unanimidade o protocolo de colaboración para a rehabilitación e posterior traslado de UNED Ourense á antiga prisión provincial, ubicada na rúa progreso. Trátase du primeiro documento para comezar a traballar. O devandito borrador non é máis ca unha declaración de intencións, "intencións e vontades positivas", segundo verbas do presidente da Reitora, para comezar a dar o primeiro paso dun proxecto que queda suxeito a que o Concello consiga a subvención que está en trámites de solicitar canto antes. Os próximos pasos consistirán en ir perfeccionando e pulindo o contido deste primeiro protocolo de colaboración. Por todos os presentes considerouse que se acaba de dar un primeiro paso.

 O Concello está en trámites de presentar a solicitude de subvención ao Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos da Administración Local (PIREP). A esta reunión extraordinaria asistiron como presidente, o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na sala de Xuntas do Pazo Provincial. Con el estaban o tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, a vicerreitora adxunta de Centros Asociados, Sonia Cristina Orgaz, o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, a secretaria do Consorcio, María Concepción Álvarez; o representante dos profesores titores, Julio Prada, o administrador de UNED Ourense, Gonzalo Alonso, o arquitecto e asesor do Concello de Ourense, Alejandro Sánchez e o alcalde de A Rúa, Álvaro Fernández. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es