Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Formación Permanente da UNED interesa aos ourensáns 

5 de abril de 2024

Un total de 161 cidadáns están realizando algún dos 800 cursos ou mestrados que esta Universidade ofrece para quen queira ampliar ou actualizar a súa formación.

OURENSE, 5 de abril de 2024. Un total de 161 ourensáns están a realizar algún curso de formación permanente na UNED. Por categorías de cursos, a que máis predomina é a de Formación Modular, con 20 cursos escollidos por 81deses estudantes. Segue a categoría de Certificación de Ensino Aberto, con 18 cursos elexidos por 30 ourensáns; logo a de Diploma de experto Profesional, con 10 cursos, nos que están matriculados 22 ourensáns, a mesma cantidade de cursos doutra categoría denominada Certificación de Formación do Profesional, na que estudan 22 persoas. Hai tamén 5 cursos englobados na categoría Diploma de Experto Universitario, con 9 matriculados, e dous ciclos, tanto no Mestrado de Formación Permanente como na Certificación de Actualización Profesional. Na primeira hay 3 estudantes e na segunda, 2.

Fixándonos no interese dos estudantes ourensáns rexistrados en Formación Permanente da UNED, por algúns cursos, vemos que onde máis hai é no de Xestión, intervención e administración penal. A continuación hai 15 ourensáns matriculados no curso de tecnoloxías aplicadas ao patrimonio cultural, ambos os cursos de tipo modular. Hai 5 estudantes no curso de Análise do ciclo de vida e da pegada de carbono; e logo hai varios cursos que contan cada un con tres estudantes que ou ben residen en Ourense ou que son nados na nosa cidade ou provincia. Trátase, entre outros, do curso de Excel avanzado, do Curso básico sobre Bolsa ou do Curso de Competencias dixitais para o sector da mobilidade e o transporte. Hai outras iniciativas formativas que, doutros moitos estudantes UNED noutras zonas de España e do mundo, contan con dous cidadáns ourensáns matriculados. Segundo os datos oficiais, son, por exemplo, o Taller de narrativa, o curso O español e a súa historia: textos e contextos; ou o Curso de Formación para o desenvolvemento da función directiva en centros docentes, sen esquecer o curso de Xestión cultural. Fundamentos sobre a economía e o márketing culturais no século XXI.

Se estás a pensar nunha universidade con garantía de calidade para ampliar ou actualizar a túa formación ou reorientar a túa vida laboral, explora a nosa web. A formación permanente da UNED, con máis de 11.000 matriculados, pon á túa disposición máis de 800 títulos propios de Posgrao e de Desenvolvemento Profesional e Persoal, UNED Senior, e Formación Profesional a distancia con metodoloxía adaptada ás túas necesidades para que te formes, esteas onde esteas. Na nosa oferta formativa salientan convenios con máis de 60 institucións públicas e privadas para crear ofertas formativas adaptadas ás túas necesidades. E poderás sumar créditos ECTS válidos nas titulacións regradas de UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es