Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A Escola Internacional de Doutoramento da UNED celebra hoxe o seu X aniversario

20 de marzo de 2024

O doutor Mariano Barbacid ofrecerá a lección maxistral no solemne acto académico que comezará ás 11:00 horas deste mércores e que se poderá seguir en directo mediante o enlace ao final desta información.

OURENSE, 20 de marzo de 2024. A Escola Internacional de Doutoramen da UNED (EIDUNED) que dirixe Ángel de Juanas Oliva, celebra hoxe o seu día, que coincide co su décimo aniversario. Con este motivo vaise celebrar esta mañá en Madrid un solemne acto académico no que a lección maxistral vaina impartir o doutor Mariano Barbacid, baixo o título: Novas terapias en Oncoloxía. A continuación procederase á investidura dos novos doutores da UNED. Esta cerimonia terá lugar ás 11:00 horas no salón de actos da Facultade de Educación.  Presidirá o reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón.

Tamén neste acto vanse desvelar os retratos dos anteriores directores da Escola, os doutores: José María Labeaga Azcona; Yolanda Gómez Sánchez, Miguel Requena y Díez de Revenga, e Cristina González Gaya. Igualmente farase entrega das medallas da EIDUNED a todos os coordinadores de doutoramento e ao Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (PTGAS) xubilados da Escuela. Haberá premio para as teses de doutoramento de maior impacto. 

UNED Ourense estará representada neste solemne acto académico ca presenza institucional do seu director, doctor Jesús Manuel García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es