Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A doutora Olga C. Santos falará este venres sobre aspectos a abordar no deporte con técnicas de Intelixencia Artificial

5 de mayo de 2021

A investigadora da UNED tamén exporá sistemas intelixentes que contribuen a mellorar a práctica das artes marciais. Este seminario da Universidade conta co apoio do Vicerreitorado de Investigación, Transferencia do coñecemento e Divulgación Científica da UNED.

OURENSE, 5 de maio de 2021.-Esta semana a invitada é a investigadora Olga C. Santos da UNED ao Seminario de Intelixencia Artificial que se emite desde o Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. Na súa charla, vai presentar diferentes aspectos que poden abordarse no ámbito deportivo con técnicas de IA. Posteriormente centrará a súa intervención na investigación que dirixe en relación ao desenvolvemento de sistemas intelixentes que axuden a mellorar a práctica das artes marciais. Neses sistemas utilízanse técnicas de IA para a detección e o modelado do movemento así como para o deseño e a entrega do soporte personalizado co obxectivo de que os practicantes adquiran as habilidades motoras necesarias para a correcta execución dos movementos. 

A doutora enxeñeira Olga C. Santos é Profesora Titular de Universidade no Departamento de Intelixencia Artificial da UNED e a Coordinadora do Máster Universitario en Investigación en Intelixencia Artificial da UNED. Imparte docencia e dirixe investigacións sobre sistemas intelixentes para a mellora da aprendizaxe abordando os aspectos cognitivos, afectivos e psicomotores. Entre outras actividades científicas, é a promotora e responsable da liña de investigación PhyUM (Physical User Modeling) centrada no modelado do movemento humano para personalizar a aprendizaxe de habilidades motoras. En canto aos recoñecementos recibidos, destacan o Premio do IEEE á Mellor Investigadora Moza en Tecnoloxías da Aprendizaxe en 2014 por parte do seu Comité Técnico internacional e o 1º Premio Arquímedes en Enxeñería e Arquitectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en 2017 pola tutorización dun TFM. Tamén recibiu a certificación I3 do Ministerio de Universidades pola súa traxectoria investigadora postdoutoral.

 

 Podes seguir o relatorio aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es