Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A cosmética ourensá Alloa, será exposta no Curso de Emprendemento do Campus Noroeste da UNED

19 de septiembre de 2023

A súa fundadora, Ana Álvarez, disertará sobre a súa marca o 3 de outubro. No curso mostraranse outros proxectos e habilidades para emprender. A matrícula é de balde e o curso desenvolverase do 2 ao 19 de outubro. 

OURENSE, 19 de setembro de 2023. O Campus Noroeste da UNED, formado por todos os centros asociados de Galicia, Asturias, Castela e León e tamén Extremadura, organiza un curso de extensión dedicado ao emprendemento e á acción social. Celebrarse do 2 ao 27 de outubro desde oito centros asociados, un deles o de Ourense. Desde aquí poderase seguir presencialmente e en liña a conferencia de Ana Álvarez López, fundadora da marca de cosmética natural Alloa, ubicada en Sarreaus, o martes, 3 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de actos.

Ana Álvarez é graduada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Córdoba e ten un mestrado universitario en Formación para o Profesor de ESO e Bachalerato. Foi estudante de intercambio Erasmus en Gante (Bélxica) e a experiencia máis recente que posee, despois de outras en Madrid e no Reino Unido, é a fundación da marca cosmética natural Alloa, proxecto do que vai falar na súa  intervención neste curso de emprendemento do noso Campus Noroeste. Este proxecto naceu dentro da iniciativa EmprenDOU que puxo en marcha a Diputación Provincial de Ourense.

Na nosa sociedade do século XXI o crecemento persoal e profesional son tendenzas cada vez máis habituais, se ben para elo resulta imprescindible a incorporación de actitudes e aptitudes emprendedoras, entendendo estas últimas como as competencias de aquelas persoas que son quen de iniciar proxectos de maneira creativa e non necesariamente ligadas á creación de negocios, aínda que ninguén negará que esta faceta resulta claramente maioritaria no emprendemento. Por elo, o curso do Campus Noroeste da UNED ofrece unha visión mínima, pero representativa, de unha serie de casos que prantexan a transformación de ideas innovadoras en proxectos emprendedores, ou a creación de novos servizos ou produtos. Ao mesmo tempo proporciónase unha serie de coñecementos, ferramentas e habilidades características, á par que necesarias, para todos aqueles que se prantexan transformar unha idea innovadora nun proxecto emprendedor, ou crear un novo servizo ou produto.

Programa

  • luns, 2 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Habilidades personais para emprender con éxito, desde UNED Segovia.
      • Patricia Barba Nicas, psicóloga (UNED) e experta en intelixencia emocional.
  • martes, 3 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Proxecto Alloa, desde UNED Ourense.
      • Ana Álvarez López, directora de Proxecto Alloa.
  • luns, 9 de outubro 
    • 19:30-20:30 h. Iniciativas profesionais con sentemento: o proxecto Guido Guía, desde UNED Lugo.
      • Guido Álvarez Parga, turismólogo e docente universitario.
  • mércores, 11 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Innovación e tradición na sidra, desde UNED Asturias.
      • Tano Collada Salvador, licenciado en Enoloxía, enxeñeiro Técnico Agrícola e enólogo de Sidra El Gaitero.
  • luns, 16 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Vangarda e innovación hoteleira en Palencia, desde UNED Palencia.
      • Manuela Merino Rojo, directora do proxecto Hotel Don Rodrigo.
  • xoves, 19 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Emprender con éxito no eido rural, desde UNED Ponferrada.
      • Beatriz Figueroa Pérez, xerente en Miel Camino de Santiago e Bierzo Traveler.
  • martes, 24 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. Luces e sombras do emprendemento en Castela e León, desde UNED Zamora.
      • José Carlos Sánchez García, director da Cátedra de Emprendedores da Universidade de Salamanca (CEUSAL)
  • venres, 27 de outubro 
    • 19:00-20:30 h. O desafío do emprendemento, desde UNED Pontevedra
      • Jorge Sieiro Froiz, colaborador COIE Pontevedra (Orientador Laboral), director de RRHH e formador.

Asistencia

Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

Matrícula gratuita

Non se necesita ningunha titulación para matricularse e participar.

Obxectivos

Presentar aos participantes do curso as iniciativas xurdidas en diferentes lugares do Campus Noroeste da UNED para lanzar produtos novos ou servizos novidosos a partir de ideas iniciais ou de concetos de pequenas empresas ou negocios, así como o percorrido seguido que os levou a convertelos en proxectos firmes e preparados para presentar aos potenciais clientes.

Trátase de organizar unha actividade de carácter divulgativo que poda servir de inspiración aos potenciais emprendedores ou para que o público en xeral coñeza as iniciativas presentadas, a maior parte delas moi orixinais.  

O curso pode seguirse en calquera das tres modalidades que non son excluíntes entre sí, senón complementarias:

  • Presencial (nos Centros Asociados onde se desenvolve cada relatorio)

  • Streaming en directo. O estudante matriculado recibe a clase a través dun ordenador onde queira pero en datas e horario marcado. A ligazón para a conexión envíase por correo electrónico, e pódese descargar dun documento de https://extension.uned.es/miespacio
  • En diferido. Unha vez finalizado o curso de maneira presencial, e despois de cada sesión, facilitarémoslle as ligazóns das gravacións (no prazo de unhos poucos días), no correo electrónico de matrícula do curso e en MI ESPACIO: https://extension.uned.es/miespacio  (opción 1: estudante UNED, opción 2: non estudante UNED)

  Matrícula gratuita en liña

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es