Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED e Uvigo organizan unha nova edición das Xornadas de Historia, dedicadas a Europa e ás transicións ibéricas

7 de marzo de 2020

Celebraranse os días 9 e 10 de marzo no salón multiusos Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense  e teñen un máximo de 100 plazas con seis horas presenciales obrigatorias e outras 14 exclusivas de formación online, neste caso para alumnos da Uvigo

OURENSE, 7 de marzo de 2020.- A UNED e a Universidade de Vigo volven dar mostras da súa colaboración conxunta ofrecendo unha nova edición das Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente que este ano versarán sobre Europa e as transicións ibéricas. Vanse celebrar os días 9 e 10 de marzo no salón multiusos Emilia Pardo Bazán do edificio de facultades do Campus de Ourense. 

O programa destas xornadas inaugurarase ás 16.15 horas do luns 9 de marzo coa recepción de participantes e 15 minutos despois, ás 16:30 e ata as 18.00 horas, Ángeles González Fernández, catedrática de Historia Contemporánea da Universidade de Sevilla, disertará sobre A estrana parella. Portugal e España no proceso negociador á CEE. Tras a súa intervención falará Luís Domínguez Castro, profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. O seu relatorio titúlase: Os actores  rexionais e  locais, a adhesión ás Comunidades Europeas: a  fronteira hispano-portuguesa

A xornada do martes 10 de marzo comezará tamén ás 16:30 horas cunha conferencia a cargo do catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e ex director de UNED Ourense, Jesús de Juana López, cuxo tema é: As orixes intelectuais e culturais de Europa. Tras el intervirá José Ramón Rodríguez Lago,  profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo. A súa conferencia leva por título O poder do espírito. A política vaticana e a integración ibérica en Europa (1966-1986).

Á parte dos relatorios, nestas xornadas haberá actividades de formación docente  online co título Europa, transicións ibéricas e didáctica da historia.  Son en total 14 horas para esta actividade que dirixe o profesor Julio Prada Rodríguez. As Xornadas  constan de 20 horas, das que 6 son presenciais obrigatorias e 14 horas de traballo  online. Os alumnos da UNED teñen dereito a un crédito  ECTS. Ademais solicitáronse 20 horas de traballo para alumnos da Universidade de Vigo.

Para ter dereito ao diploma hai que entregar as actividades de formación  online na plataforma  FAITIC (Uvigo) ou no correo jprada@ourense.uned.es, antes do 30 de abril.

O límite de prazas é de 100. Estas Xornadas van destinadas a estudantes de Historia, de Xeografía e Historia, e universitarios en xeral. A matrícula é gratuíta pero hai que inscribirse no tríptico das Xornadas, e envialo debidamente cuberto ó enderezo de correo electrónico  cursos@ourense.uned.es .

Estas Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente. Europa e as transicións ibéricas están organizadas e patrocinadas pola UNED e o Grupo de Investigación de Historia Contemporánea  HC1, da Universidade de Vigo. Colabora a Facultade de Historia da Universidade de Vigo. Están dirixidas polo profesor Julio Prada Rodríguez, da Universidade de Vigo e da UNED en Ourense e coordinadas pola profesora titora e secretaria de UNED Ourense, María Concepción Álvarez Gómez.

Forman o Comité Organizador: María Concepción Álvarez GómezLuis Domínguez CastroJulio Prada RodríguezJosé Ramón Rodríguez Lago e Domingo Rodríguez Teijeiro. Integran o Comité Científico: Juan Andrés Blanco RodríguezJesús de Juana LópezHeidi C. Senante Berendes e Susana Sueiro Seoane.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es