OURENSE, de febreiro de 2022. UNED Ourense volve ofrecer o Curso de Introducción á Computación Cuántica na súa terceira edición, que se desenvolverá do 7 de marzo ao 20 de abril. Todas as sesións serán en liña. Os matriculados recibirán un enlace para que podan seguir as sesións, sempre en direco, pois non se gravarán.
Son 25 horas en rigoroso directo e outras 5 horas de traballos a realizar. Trátase dun curso básico de introducción á computación cuántica e algúns conceptos de información cuántica. Entre os contidos figura unha introducción aos conceptos necesarios como álxebra lineal e mecánica cuántica necesarios para afrontar o programa. Está en tramitación a concesión de 1,5 créditos ECTS. O relator é José Luis López Fernández, coordinador Tecnolóxico de UNED Ourense, doutor en Química Cuántica, enxeñeiro informático; licenciado en Físicas e Catedrático en Tecnoloxía informática no Ensino Secundario e Formación Profesional.
Programa
luns, 7 de marzo
18:00-21:00 h. Tema 1. Introducción á computación cuántica. Fundamentos e aplicacións.
mércores, 9 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 2. Modelo matemático. Qubits. Operacións básicas con qubits.
luns, 14 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 3.1 Estados cuánticos. Entrelazamento cuántico (entanglement).
mércores, 16 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 3.2 Estados cuánticos. Entrelazamento cuántico (entanglement) Circuito de Bell [cont.]
luns, 21 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 4.1: Computación cuántica. Portas cuánticas. Modelo de circuitos.
mércores, 23 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 4.2: Computación cuántica. Portas cuánticas. Qiskit , Python. Hardware [cont.
luns, 28 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 4.3: A computación cuántica na nube IBM QX, Cirq Google... Implementación algorítmica.
mércores, 30 de marzo
18:00-20:00 h. Tema 5. Teleportación cuántica. Superdense Coding.
luns, 4 de abril
18:00-20:00 h. Tema 6. Teoría complexidade computacional. Algoritmos cuánticos.
mércores, 6 de abril
18:00-20:00 h. Tema 7. Algoritmo Shor. Algoritmo de Grover. Criptografía cuántica.
martes, 19 de abril
18:00-20:00 h. Tema 8. Transformada cuántica Fourier.
mércores, 20 de abril
18:00-20:00 h. Tema 9. Outros tópicos: quantum error correction. Criptografía cuántica.
A matrícula é en liña e custa 55 euros, sendo de 45 euros para os estudantes da UNED e outros estudantes. As persoas desempregadas pagarán 35 euros.
O obxectivo fundamental do curso é difundir as técnicas de computación cuántica para principiantes. A computación cuántica prevese que se convirta nunha alternativa complementaria á computación clásica para a resolución de problemas en áreas como química, física, intelixencia artificial, finanzas etc.
Matricúlate aquí.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Esta actividade impacta no ODS nº 4.
UNED Ourense
Comunicacción