Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Reitorado da UNED, disposto a aportar a súa colaboración científica ao futuro Centro de Intelixencia Artificial de Ourense

3 de julio de 2019

O director do Centro Asociado na cidade comunicoulle a mensaxe ao alcalde e o vindeiro día 10 haberá nova reunión na sede central da Universidade en Madrid 

OURENSE, 3 de xullo de 2019.-O director do Centro Asociado á UNED en Ourense-Aula Universitaria da Rúa, Jesús Manuel García Díaz, e xunto a el a secretaria do Centro, María Concepción Álvarez Gómez, foron recibidos esta mañá polo alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, dentro da rolda que o rexedor ourensán está a facer coas dúas universidades presentes na capital provincial, entre outros organismos e institucións. Se o luns reuníase coa  Uvigo, hoxe fíxoo coa UNED. No encontro, Jesús Manuel García transmitiulle, como representante institucional desta Universidade na provincia ourensá, a plena disposición do Reitorado da Universidade Nacional de Educación a Distancia, para colaborar cientificamente no proxecto do futuro Centro de Intelixencia Artificial.

A UNED, que a punto está de cumprir 50 anos, é a Universidade pública máis grande de España e entre os seus 28 graos que oferta, hai sete enxeñerías, sendo unha delas a Informática, que se imparte na súa Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática.

O Reitor, Ricardo  Mairal e o resto do seu equipo foron informados onte, tras o Consello de Goberno celebrado en Madrid, e a dispoñibilidade non se fixo esperar. Tras as xestións feitas desde a Dirección do Centro Asociado de Ourense, o director da  ETS de Enxeñería Informática, Rafael Martínez Tomás, cualificou a proposta de “moi aceptable,  buenísima”, dado que neste centro superior contan cun departamento de Intelixencia Artificial.

García comunicou a Gonzalo Pérez Jácome, -quen á súa vez é vicepresidente da Xunta Reitora do Centro Asociado á UNED en Ourense-, que soamente quedaba fixar unha data para manter unha reunión formal co equipo reitoral leste mesmo mes. Esa data será o próximo día 10 de xullo, ás 11.00 horas, na sede do Reitorado da UNED. A delegación municipal ourensá será recibida en Madrid polo reitor, Ricardo  Mairal, varios vicerreitores, entre eles a de Investigación, Rosa María Martín Aranda; o director da  ETS de Enxeñería Informática, Rafael Martínez Tomás e o director do Centro Asociado en Ourense, Jesús Manuel García Díaz.

O alcalde mostrouse satisfeito por contar co apoio dunha universidade nacional na que as novas tecnoloxías constitúen o seu modo de ser desde fai case medio século. Pérez Jácome, consciente da importancia que en España ten a Universidade Nacional de Educación a Distancia, considera a mensaxe transmitida por Jesús Manuel García esta mañá como “unha noticia moi boa, unha noticia  top,  top”, dixo ilusionado.

Tamén hoxe o director da UNED recibiu a boa disposición acerca desta colaboración da devandita Universidade por parte do presidente da súa Xunta Reitora en Ourense, Manuel Baltar Blanco. García Díaz manifestou a ambos os dirixentes que a UNED non dubidará en apoiar proxectos que somen para Ourense, sempre desde o seu ámbito científico.

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es