Integración política e económica no espazo hispanoamericano
8 de noviembre de 2024
UNED Ourense e Uvigo ofrecen un curso con especialistas dos diferentes ámbitos de integración do hemisferio americano. Será do 18 ao 20 de novembro.
OURENSE, 8 de novembro de 2024. UNED Ourense e a Uvigo ofrecen conxuntamente o curso Integración (s), política (s) e económica (s) no espazo Iberoamericano: dinámicas, procesos, éxitos e fracasos, que se celebrará do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Relacións Internacionais do Campus de Ourense. O curso ofrece unha visión de conxunto sobre os procesos de integración política e económica no espazo iberoamericano, con especial referencia aos casos centroamericano e sudamericano. Ofrécese unha análise crítica desde unha perspectiva a longo prazo, na que se avalían éxitos, fracasos, retos e condicionantes.
O profesorado está composto por académicos, xuristas, funcionarios e especialistas dos diferentes espazos de integración do hemisferio americano. Faise especial referencia ás dinámicas que dificultan a colaboración internacional, especialmente no ámbito da integración económica, e as dinámicas de seguridade. Consta de 10 horas lectivas e desenvolverase de modo presencial, tamén en loña, za sexa en directo ou en diferido.
O programa é o seguinte:
Luns, 18 de novembro
- 15:00-16:00 h. A integración rexional en Iberoamérica: Centroamérica e Sudamérica como casos complementarios. Con Luis Velasco Martínez, Profesor de Historia Contemporánea, Uvigo, membro do Grupo de Innovación Docente en Ensino non Presencial da USC e Membro do Grupo de Innovación Docente I2DH da Uvigo.
- 16:00-17:00 h. Contextualización da Integración Centroamericana. Intervirá Claudia Samayoa Elías, Profesora de Relacións Internacionais da Universidade de El Salvador (El Salvador).
- 17:00-18:00 h. Institucionalidade e Dereito Comunitario en Centroamérica. Con César Ernesto Salazar Grande, Maxistrado da Corte Centroamericana de Xustiza (Nicaragua).
- 18:00-19:00 h. As fronteiras económicas de Centroamérica: Chiapas e a integración centroamericana, sesión a cargo de Jorge López Arévalo, Profesor de Ciencias Económicas da Universidade Autónoma de Chiapas (México).
- 19:00-20:00 h. Integración Económica Centroamericana: 60 anos de acertos e desacertos. O relator será José Domingo Castellanos Sibrián, Profesor de Comercio do INCAE Business School (Costa Rica).
Mércores, 20 de novembro
- 11:00-12:00 h. América do Sur: 200 anos de (des) integración, con Ramiro Rodríguez Bausero, Diplomático do Ministerio de Asuntos Exteriores (Uruguay), Cónsul Xeral de Uruguay en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.
- 12:00-13:00 h. A integración latinoamericana como un desafío permanente: a experiencia da UNASUR, con Ernesto Nicolás Uribe Cifuentes, Asesor do Ministerio de Defensa (Chile).
- 13:00-15:00 h. A integración rexional en Iberoamérica: retos e prospectiva, a cargo de Luis Velasco Martínez. Tamén intervirá nesta sesión Silvia Marina Rivas Saravia, Profesora de Relacións Internacionais da Universidade de El Salvador (El Salvador).
Matrícula
A matrícula ordinaria custa 20 euros. Os estudiantes da UNED e os da Uvigo terán matrícula de balde. Os estudantes da UVigo teñen que enviar copia da matricula do curso 2024-2025. Se están simultaneando estudios da UVigo coa UNED, non é necesario.
Matrícula en liña
Este curso está dirixido por Julio Prada Rodríguez, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo e Profesor Titor en UNED Ourense, sendo coordinador Luis Velasco Martínez.
Obxectivos
- Coñecer os principais condicionantes xeopolíticos que incumben á integración no espazo Iberoamericano.
- Identificar as principais estruturas, foros e organizacións de integración rexional da macrorrexión.
- Identificar os axentes que participan nestas estruturas e as súas políticas específicas ao respeito.
- Identificar éxitos e fracasos dos procesos analizados.
- Capacitar no desenvolvemento de valoracións comparativas os procesos específicos desenvolvidos no ámbito Iberoamericano. Identificar axentes externos con capacidade de condicionar os procesos analizados.
Sistema de avaliación
Para obter o certificado/diploma do curso hai que enviar un resumen xeral do curso antes do 30/11/2024 ao correo: luis.velasco.martinez@uvigo.es
UNED Ourense
Comunicación