Aberto o prazo para optar a 3 prazas de profesor titor de Educación Infantil en UNED Ourense
1 de septiembre de 2022
A presentación de documentación comeza hoxe e rematará o próximo día 6 de setembro.
OURENSE, 1 de setembro de 2022. UNED Ourense convoca un concurso público de méritos para proveer tres prazas de Profesor Titor para o novo Grao en Educación Infantil que comeza en outubro. As materias son as seguintes:
- A escola de Educación Infantil en España. (63031059). Nesta materia a titulación requerida é: Graduado en Educación Infantil ou en Educación Primaria. Serían igualmente admisibles Diplomados en Maxisterio+Licenciatura en Pedagoxía ou en Psicopedagoxía, ou Diplomados en Maxisterio + Mestrado/Doutoramento. A titulación preferente é Grao en Educación Infantil. Admisible tamén Diplomado en Educación Infantil + Licenciatura en Pedagoxía ou Psicopedagoxía; ou Diplomado en Educación Infantil + Mestrado/Doutoramento.
- Diversidade cultural e equidade na Escola. (63031094). Aquí requírese: Graduado en Educación Infantil, Graduado en Educación Primaria; Diplomado en Maxisterio e/ou profesorado de EXB + Licenciatura en Pedagoxía e/ou Psicopedagoxía e/ou Mestrado/Doutoramento.
- Metodoloxías innovadoras e participativas na Escola Infantil. (63031102). Nesta materia é necesario ser: Graduado en Educación Infantil, Graduado en Educación Primaria; Diplomado en Maxisterio e/ou profesorado de EGB + Licenciatura en Pedagoxía e/ou Psicopedagoxía e/ou Mestrado/Doutoramento.
Desde hoxe día 1 de setembro publicase nesta web a convocatoria oficial para que as persoas aspirantes podan enviar xa a documentación requerida.
Requisitos xerais dos candidatos
- Para ser admitido ao citado concurso se require que os solicitantes estean en posesión da titulación requerida para cada unha das prazas. A titulación estará relacionada coas materias ás que se concursa.
- A data de referencia para o cumprimento dos requisitos esixidos e a posesión dos méritos que se aleguen será a do día en que finalice o prazo de presentación de instancias.
- O coñecemento, debidamente acreditado, da lingua galega considerarase como mérito especifico.
Solicitudes
- O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 6 de setembro de 2022, ambos inclusive.
- Os concursantes presentarán a solicitude e o currículum vitae nos impresos normalizados que figurarán nos anexos II e III, respectivamente, desta convocatoria, xunto coa fotocopia do título e da certificación académica persoal oficial e das fotocopias da documentación acreditativa de todos os méritos alegados.
- Toda a documentación (solicitude, currículum vitae e demáis documentos acreditativos) deberá ser presentada exclusivamente por correo electrónico á dirección: secretaria@ourense.uned.es.
- Tamén poderá ser presentada a solicitud por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Si se presentan mediante as Oficinas de Correos, deberán entregarse en sobre aberto, para que sexan datadas e selladas todas as copias polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
Admisión de aspirantes
- Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes o Centro Asociado dictará resolución declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluidos, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina do Centro Asociado.
- Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días naturais, contados a partires da publicación da lista provisional, para poder subsanar o defecto que haxa motivado a súa exclusión. De non producirse a subsanación neste prazo terase ao interesado por desistido da súa solicitude.
Resolución do concurso público de méritos
- Conforme ao disposto no artigo 40.4 do Regulamento de Organización e Funcionamento do Centro Asociado da UNED en Ourense, o director escolleraá de entre los aspirantes ao profesor-titor ou á profesora-titora que considere convinte en función dos criterios de titulación, expediente, méritos académicos e investigadores alegados e, si o considerara oportuno, entrevista persoal cos candidatos.
- A resolución será publicada no sitio web de UNED Ourense e no taboleiro de anuncios da mesma.
- Os interesados disporán de 3 días naturais para presentar reclamación ante o órgano que dictou a resolución, sen perxuizo das outras accións que en Dereito lle correspondan.
PODES IR Á DOCUMENTACIÓN PREMANDO AQUÍ
UNED Ourense
Comunicación