Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ata o 7 de maio podes matricularte nos exames Trinity College London en UNED Ourense 

12 de abril de 2024

A proba escrita farase o 19 de xuño e a oral será decidida pola organización para celebrarse esa mesma semana.

OURENSE,12 de abril de 2024. Está aberto o prazo de matrícula para os exámenes de Trinity College London, que se poderán realizar nas instalaciones de UNED Ourense. O remate deste prazo será o 7 de maio. Os certificados de Trinity College London son unha titulación oficial internacionalmente recoñecida que acredita o nivel de B1, B2 o C1 en lingua inglesa. Hai prazas limitadas e, na UNED, só é posible facer o exame global (todas as destrezas).

As probas levaranse a cabo nunha sola convocatoria o día 19 de xuño (proba escrita), ás 10:00 horas. As datas das probas orais deben ser consultadas en cada centro asociado.

UNED Ourense é un dos 27 centros da UNED nos que se poden facer estes exames.

Avaliaranse as catro destrezas mediante dous módulos:

  • Módulo escrito: comprensión lectora e expresión escrita. A súa duración será de dúas horas en todos os niveis.
  • Módulo oral: comprensión auditiva e expresión oral. A súa duración será de 18 minutos para o B1; 20 minutos para o B2 e 25 minutos para o C1.

Precio da matrícula:

  • Examen B1: 120 euros
  • Examen B2: 150 euros
  • Examen C1: 170 euros.

Os centros examinadores Trinity College London na UNED son: A Coruña, Albacete, Barbastro, Baza; Bergara, Cádiz, Campo de Gibraltar-Algeciras, Cervera, Ciudad Real-Valdepeñas, Denia, Girona; Guadalajara, Huelva, Lanzarote, Lugo, Madrid-Las Tablas; Melilla, Ourense, Palma de Mallorca, Pamplona, Plasencia; Ponferrada, Sevilla, Tortosa, Valencia, Vitoria-Gasteiz e Zamora.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es