OURENSE, 28 de outubro de 2019.- Terminou con éxito na Aula Universitaria da UNED en A Rúa unha nova edición do curso Sen medo á cámara. Participaron 21 alumnos que fixeron varios exercicios coa cámara tanto en interior como en exteriores. Os matriculados gozaron coas sesións, con Ronsel López Carracedo, Máster en Proxectos de Fotografía de Autor (MAPA) – LENS da Escola de Artes Visuais.
Os alumnos puideron coñecer a cámara e os seus axustes ( diafragma, velocidade de obturación, ISO…), a fotografía sensorial, mesmo pintar con luz; aprender a tratar a luz, coñecer os principios de composición, poñer en práctica a cámara, aprender a facer retratos, fotografar paisaxes así como analizar as fotografías para terminar cunha sesión de revelado e procesado. A satisfacción dos participantes quedou patente nesta segunda edición.