OURENSE, 1 de xaneiro de 2023. A Dirección e todo o persoal de UNED Ourense desexámosvos un feliz e magnífico ano 2023. Que estea cheo de paz, esforzo, cousas positivas e moita tolerancia. ¡Feliz Aninovo!
Lembrámosvos que dende o luns 2 ao xoves 5 de xaneiro, as nosas instalacións prestarán o servizo habitual en horario de mañá, de 08.00 a 14:00 horas. O venres 6 é festivo. E desde o luns, día 9, UNED Ourense e a súa Aula de Valdeorras abrirán no horario afeito de mañá e de tarde. Ese mesmo día 9 comezarán as titorías.
UNED Ourense
Comunicación