Os exames en liña para o Ensino reglado de Grao e Mestrados na UNED faranse nas semanas do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de xuño
27 de abril de 2020
O Reitor, Ricardo Mairal Usón, emitiu un novo comunicado no que suliña o documento UNEDENLÍNEA con especificacións para al Aula Virtual de Exame UNEd (AvEX) e outra información relevante para a convocatoria ordinaria de xuño de 2020
OURENSE, 27 de abril de 2020.-O Reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, fixo público hoxe un comunicado con información relevante sobre a aplicación AvEx para a realización de exames en liña e as datas de #ExámenesUNED en líña para o Ensino Reglado de Grao e Mestrados Oficiais. Eses exames realizaranse na segunda quincena de xuño, sendo a primeira semana a do 15 ao 19, e a segunda semana, que corresponde á do 22 ao 26 de xuño.
O Reitor explica que foi o pasado 22 de abril cando o Consello de Goberno da UNED ratificou a resolución reitoral de 3 de abril, que establece a evaluación non presencial para as probas da convocatoria ordinaria de xuño de 2020. Para dar cobertura ás decisións da devandita resolución creouse o portal web Evaluación UNED 2020. Mairal quere anunciar aos estudantes "que ao longo desta semana contaredes con información detallada sobre moitas cuestións que pode aínda suscitarvos o novo proceso de evaluación". Está xa a disposición a seguinte documentación:
- As datas nas que se levarán a cabo os exames finais en liña. Nos vindeiros días publicarase o calendario coas datas e os horarios dos exames das materias de cada ún dos Graos e Mestrados.
- O documento UNEDENLÍNEA que contén as especificacións da aplicación da Aula Virtual de Exame UNED (AvEx). A información será completada cun manual de usuario e un video tutorial deseñado específicamente para o estudante, que está previsto que se poñan ao voso dispor o próximo 4 de maio.
O próximo mércoles día 29 de abril os estudantes de Grao e Mestrado terán Máster acceso a outros dous documentos de gran relevancia neste proceso:
- Información para o estudante sobre o sistema de evaluación para a convocatoria ordinaria de xuño de 2020. Neste documento se detallarán as instrucción para o acceso á aplicación AvEx, a realización dos exames, o proceso de evaluación, etc.
- Proxecto UNED 100%, cuxo obxectivo é a procura de que todos os que forman parte da nosa comunidade universitaria podan superar as diferentes dificultades para adaptarse ao novo sistema de evaluación, de modo que teñan a garantía plena de que se cumpren os seus dereitos á formaciónn e á evaluación.
Mairal Usón agradece aos estudantes "o esforzo que estades facendo durante estes complicados momentos. Tanto eu coma todo o persoal que integra esta gran universidade quedamos ao voso dispor para calqueira dúbida ou aclaracións que teñades".
O acceso ao comunicado completo pode facerse desde aquí .