OURENSE, 3 de abril de 2020.- A Biblioteca UNED organiza dous obradoiros de balde en colaboración con Google: Verificación online: ferramentas e técnicas contra a desinformación; e Visualización de datos con Flourish. Vanse celebrar o vindeiro luns, día 6 de abril, o primeiro e o 13 de abril, o segundo, ambolos entre as 11.00 e as 12.00 horas. Non esixen ningún título uo requisito previo, nen hai que pagar ningunha tarifa. O docente é Pablo Sanguinetti, escritor, xornalista e profesor asociado do Google News Lab para España e Portugal.
Noticias falsas, bulos, fake news, rumores infundados e malintencionados ou abertas calumnias… A crise de cororanavirus está sendo o caldo de cultivo perfecto para que se espallen novas falsas con aparente credibilidade, que non sabemos a que intereses respostan. Se queres aprender a detectalas, desenmascaralas e rebatilas, a Biblioteca UNED organizou, en colaboración con Google, un obradoiro que te amosará ferramentas que están ao teu dispor para analizar imaxes, textos e fontes dubidosas e recursos para comprobar a orixe e desenvolvemento de páxinas web e o seu contido. Asegúrate de que non te enganen, participa o luns no taller Verificación online: ferramientas e técnicas contra a desinformación, accedendo ás 11.00 horas a esta ligazón: https://meet.google.com/tfa-asyi-jhv.
E se queres presentar os teus traballos, as túas ideas ou as túas ofertas do xeito máis dinámico, divertido ou orixinal, participa o lues 13 de abril no obradoiro Visualización de datos con Flourish, unha ferramenta que creará os gráficos máis orixinais para ilustrar os datos e as historias que queiras comunicar. Só tes que acceder a meet.google.com/pbm-rhsf-sbe
Nos dous casos, mantén o microfóno en silenzo e ¡sé puntual!