URENSE, 17 de xuño de 2019.- Un nutrido grupo de alumnos da UNED Senior de Ourense desplazouse á veciña provincia de Lugo para facer una visita cultural ao rico patrimonio histórico que garda a cidade de Monforte de Lemos. A expedición ourensá partía a primeira hora da mañá para, ás 11.00 horas visitar o Museo de Arte Sacro do mosteiro das monxas clarisas, que está considerado como o segundo máis importante de España a este nivel. Recolle pezas de primeira categoría, moitas italianas, sobre todo pola relación dos condes de Lemos co papado. Tamén amosa esculturas de gran relevancia da imaxineria castelá, especialmente o Cristo de Gregorio Fernández, que é impresionante e abraiou aos visitantes. Ao termo desta visita, os alumnos Senior de Ourense tiveron tempo libre para pasear por Monforte, aproveitando que era festivo local debido ao San Antón de Padua, desde as 12.30 ata as 14.00 horas, tempo este para comezar o xantar.
Xa na sesión de tarde visitaron o edificio dos Escolapios ou Colegio do Cardeal, onde admiraron tanto a monumental igrexa máis o resto do conxunto, de grandes dimensións. Entre tan históricos muros visitaron igualmente a pinacoteca cos cuadros que se conservan do Greco e de Andrea del Sarto. De seguido subiron ao promontorio da cidade onde visitaron o Parador, que ocupa o edificio que tempo atrás fora mosteiro de San Vicente do Pino. A carón Parador se conserva a torre da Casa de Lemos, amén de gozar coas interesantes panorámicas da cidade do Cabe e o seu nudo ferroviario. Acabado o roteiro por Monforte, os membros da UNED Senior regresaron a Ourense, dando por finalizado o curso 2018-2019, toda vez que a véspera da excursión acudiron ao acto de clausura do curso.
Calquer ourensán maior de 55 anos pode inscribirse na UNED Senior e acudir a algunha das oito materias que se imparten cada ano académico. É un xeito de relacionarse con outras persoas e de adquirir coñecementos de temas que son de interese para o alumnado.
O prezo da matrícula é moi asequible, pois non pasa en ningún caso de 50 euros. As clases da UNED Senior teñen lugar nas instalacións do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, grazas á colaboración da Deputación Provincial. Nestes intres xa está aberto o prazo de matriculación e polo de agora completouse xa o cupo de matriculados na materia Arte contemporánea.