OURENSE, 11 de xuño de 2024. Na convocatoria de probas presenciais de maio/xuño realizaronse en UNED Ourense 1.390 exames. Estes engádense aos da convocatoria de xaneiro/febreiro, do presente curso 2023/2024, na que se levaron a cabo 1.486 probas. Na primeira semana foron realizadas 576 probas presenciais. Entre estas houbo 7 exames de Selectividade para estudantes que procedentes do estranxeiro, queren estudar nunha universidade española. Da Facultade de Psicoloxía fixéronse en Ourense 161 exames; da Facultade de Dereito houbo 136, seguidos de 91 correspondentes á Facultade de Educación, 74 probas do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos; 29 exames de estudantes de Filoloxía; outros 21 da Facultade de Historia e 20 probas presenciais que se corresponden con matriculados na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. De Ciencias Políticas e Socioloxía foron realizados 11 exames mentras que de Filosofía fixéronse durante a primeira semana en UNED Ourense 10 probas. Na Aula de Exames houbo 5 da Facultade de Ciencias, outros tantos de Enxeñería Informática, quedando 3 exames para estudantes de Enxeñería Industrial e 3 máis correspondentes ao Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID).
O Tribunal desta primeira semana estivo formado polos doutores María Teresa Gibert Maceda, presidenta; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente, e Javier Ibias Martín, secretario. A Comisión de Apoio ao Tribunal integrárona, por parte do profesorado titor, Nemesio Pereira Lorenzo, e desde o Persoal de Administración e Servizos (PAS), Elisa Muradás Bravo e Purificación Prado Fernández.
Na segunda semana, do 3 ao 7 de xuño, realizáronse junio, 814 exames. Deles, 265 se corresponden coa Facultade de Psicoloxía, seguidos dos 196 que se fixeron por estudantes matriculados na Facultade de Dereito da UNED. Da Facultade de Educación foron realizadas 139 probas presenciais. Houbo outras 42 correspondentes a estudantes de Ciencias Económicas e Empresariais. Nesta segunda semana fixéronse 39 exames da Facultade de Historia e 39 da Facultade de Filoloxía.
Nesta ocasión houbo 27 probas presenciais de Filosofía e 21 da Facultade de Políticas e Socioloxía. Estudantes que cursan graos da Facultad de Ciencias fixeron 15 exames e desde o Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) foron realizadas en Ourense 13 probas. En UNED Ourense temos persoas que estudan enxeñerías, así, nesta segunda semana da convocatoria de maio/xuño, houbo 11 probas de Enxeñería Informática e outras 5 de Enxeñería Industrial.
Nesta ocasión o Tribunal estivo formado polos doutores Teresa Jurado Guerrero, presidenta; Jesús Manuel García Díaz, vicepresidente, e Daniel Arsenio Pérez Garín, en calidade de secretario. A Comisión de Apoio ao Tribunal integrárona, Natalia Carnicero Villamarín e Nemesio Pereira Lorenzo, pola sección de Profesores Titores, e Luis Gulín Iglesias xunto a Rosa María Estévez Suárez, polo PAS.
As dúas semanas transcorriron con plena normalidade. Todos os estudantes cumpriron coas normas de seguridade para acceder á aula, normas de obrigado cumprimento. Tra-los controis levados a cabo, non houbo motivos de sospeita. "Os nosos estudiantes saben estar, veñen con nervos e intentamos arrincarlles un sorrido ao principio. Estou moi satisfeito co seu comportamento e saber estar. Veñen ilusionados a triunfar nos seus exames despois das horas que dedicaron a preparalos. Cando saen, se me din que les foi benm alégrome con eles, e se non contestaron nada porque non estudaron esa parte, doulles ánimos para que aproveiten o tempo de aquí a setembro para sacar adiante esa materia", di ptiembre para sacar adelante esa materia", dice el director de UNED Ourense, García Díaz.
Houbo un xoven de O Ribeiro que chegou tarde a un exame porque averiouselle o autobús aos poucos de arrancar, e o tren chegou a Ourense con bastante retraso. "O pobre non pudo aprazar o exame por ser de Grao, e tendrá que facelo na convocatoria de setembro", lamenta o director. Outra estudante chegou moi xusta de tempo au seu exame e como se lle dixo que lle quedaban cinco minutos para entrar, rompeu a chorar dos nervos e a tensión de crer que xa non chegaba a tempo". Nesta convocatoria examináronse dous estudantes invidentes, e outra xoven pudo, ao final, deixa o seu bebé coa súa irmá. Foi ben advertida polo director no sentido de que se non tiña con quen deixar a crianza, habilitaríaselle unha sala para facer co cativo o exame, poñéndolle un vixilante."Aquí vivimos moitas casuísticas personais e tratamos de que todos os nosos estudantes podan facer as probas presenciais do xeito máis doado posible", sinalou o director.
UNED Ourense
Comunicación