Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Na cociña con Dona Emilia

18 de noviembre de 2021

GastroUNED dedica a súa IX edición á obra de Pardo Bazán no seu centenario. A receita enviada a concurso ha de estar relacionada con calquera das súas obras, coa época, o espazo ou os personaxes que ela tratou. O xurado valorará que a proposta sexa tan nova como saborosa e orixinal e ha de estar elaborada con produtos que se atopen habitualmente no mercado. O prazo de presentación estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2022.

OURENSE, 18 de novembro de 2021. A UNED convoca a IX edición do Certame GastroUNED: Literatura e Gastronomía rendindo homenaxe á novelista, poeta, ensayista, tradutora e xornalista Emilia Pardo Bazán, no centenario do seu pasamento.

Bases de GastroUNED

“Siempre anduve en guisar, y hasta le tengo afición a estos quehaceres y siento no tener tiempo para practicarlos. No soy doctora en el arte… pero jamás vi incompatibilidad entre él y las letras”, escribía dona Emilia Pardo Bazán ao naquel entón director de La Voz de Galicia. Ela, feminista apaixonada, independente e libre, publicou dous libros de receitas na súa colección editorial “La biblioteca de la mujer”: La cocina española antigua, de 1913, e La cocina española moderna, en 1917. Pero os olores, sabores e texturas dos pratos, sexan de pobres ou de ricos, son referencia continua das súas obras literarias e as súas crónicas de viaxes. Do caldo galego á  comida cubana, pasando pola francesa, os pratos que se citan en El Quijote ou os que lle gustaban ao seu benquerido Pérez Galdós. Das humildes sopas de allo e as migas ao burgués lomo de porco fresco ás Torres de Meirás, ou as versiones máis sofisticadas da merluza rechea e as perdices con ostras.

Para participar en GastroUNED, as receitas deben enviarse por correo electrónico a lacocinadelauned@adm.uned.es. O espazo da receita deberá axustarse ao tamaño da ficha descargable: Descargar ficha. Nela deberá incluirse o título da receita, os ingredentes, a elaboración, unha explicación da súa relación coa lectura elexida e unha breve biografía do autor, así como os seus datos personais. Se a receita fora premiada, se solicitará unha foto, polo que convén realizala mentras se cociña ou se sirve.

Concederane dos premios: o primeiro, de 300 €; o segundo, un lote de produtos de María Zarzalejos catering, de La Antigua de FuentesaúcoGalmesanoMontesquiusAceites ValderramaBodegas ComengeAlianza Editorial... E, amaiores, os premiados e unha escolla de participantes feita polo xurado, obterán 0,5 créditos ECTS para incorporar ao seu curriculum académico.

Aida Fernández Vázquez

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es