Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Emprendedoras en femenino 

6 de marzo de 2022

O martes, día 8, a Deputación de Ourense, a partires das 17.30 horas, celebrará unha xornada no Centro Cultural Marcos Valcárcel para salientar o traballo das mulleres  emprendedoras da nosa provincia. A doutora Marta Solórzano, da UNED, ofrecerá a conferencia maxistral.

OURENSE, 6 de marzo de 2022. O programa Emprendedoras en femenino, da Deputación de Ourense, comezará ás 17.30 horas, coa recepción de convidados e autoridades. Inaugurará a xornada Luz Doporto, deputada de Igualdade e, de seguido, proxectarase o vídeo Emprendedoras de Ourense. Tras este visionado procederase á conferencia maxistral, que ofrecerá a doutora Marta Solórzono, profesora titular de Organización de Empresas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UNED. O seu relatorio leva por título: A empresa social no ámbito rural: mecanismos de innovación para mellorar a vida das persoas ante o reto demográfico.

A doutora Solórzano é a directora do programa de postgrao en emprendemento e innovación social da UNED. Tamén coordina diversas materias en varios mestrados e programas de postgrao da Universidad. Dirixe o grupo de innovación docente “Grupo de Innovación Docente en Empresa, Emprendemento e Innovación Social, Economía Social e Solidaria e DesenvolvementoTerritorial” e tamén é coinvestigadora principal do grupo de investigación “Economía do Benestar e Participación Cidadá. Modernización das Políticas Públicas”. Coordinou varios proxectos de investigación nacionais e internacionais, publicou en diversas revistas científicas de alto impacto e participou en numerosos congresos nacionais e internacionais.

As súas actividades docentes e de investigación baseanse no cambio e deseño organizativo, emprendemento, empresa e impacto social. Concretamente, o seu interese céntrase en estudar como diversos modelos de organización empresarial poden crear mellores condicións de vida e de traballo para os traballadores e para a sociedade en xeral. A investigación da profesora Solórzano ten como obxectivo dilucidar si a xestión ética e a gobernanza participativa das organizacións empresariais xeran un impacto social e económico positivo para as persoas e a contorna. Para elo enfocou a súa investigación nun modelo empresarial que, a priori, cumpre os dous requerimentos, como é a empresa social e como se entende e se está desenvolvendo en España. Así como no emprego das ferramentas de avaliación e monitorización ol impacto social na xestión empresarial. A súa análise levouna ao recoñecemento de diversos modelos de empresa social en España mediante a súa interacción con outras realidades socioeconómicas, con rupturas e continuidades.

Tras a conferencia abrirase unha mesa redonda na que estarán María del Carmen Canal, conselleira delegada de Aceites AbrilMarisol Nóvoa, presidenta da Confederación de Empresarios de OurenseInés Rodríguez, fundadora de RIR&co (Allariz)Araceli Macías, fundadora da Cooperativa Outonía de A Veiga; Ana Álvarez, fabricación de Cosmética Natural, en Sarreaus e Leticia Rodríguez, arquitecta en RDL Estudio, Ribadavia.

Ás 19:00 horas celebrarase a conferencia de clausura coa mentoring empresarial María García Trincado, responsable da Área de Emprendemento na Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborales de A Coruña, conferenciante, neuro-coach executiva e entrenadora de profesionais e equipos de alto rendemento. Äs 19.45 está prevista a clausura cun recoñecemento a María del Carmen Canal e o discurso de peche, a cargo do Presidente da Diputación, Manuel Baltar.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es