Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Electromagnetismo do cole á casa

23 de noviembre de 2021

O Colexio Miraflores e a UNED estrean o día 26 a Aula de Divulgación coun obradoiro dedicado ao magnetismo que contén unha decena de experimentos para escolares de Primaria e Secundaria. Aulas deste formato poden ubicarse en colexios ourensáns cuxos responsables o soliciten á Dirección de UNED Ourense.

OURENSE, 23 de novembro de 2021. O vindeiro día 26, viernes, o Colexio Miraflores estreará a Aula de Divulgación Científica en colaboración coa UNED.  Froito dun convenio asinado pola dirección do centro escolar e polo Vicerreitorado de Investigación Científica, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica. Trátase nesta primeira ocasión dun proxecto divulgativo denominado Ciencia Electromagnética: do cole a casa. Están á fronte del os profesores da UNED, Óscar Gálvez González, M.ª del Mar Montoya Lirola, Manuel Pancorbo Castro, Mikel Sanz e Juan Pedro Sánchez Fernández, todos eles doutores pertecentes ao Departamento de Física Interdisciplinar da Facultade de Ciencias da UNED.

Tras varios anos facendo proxectos de divulga­ción do electromagnetismo na Semana da Cen­cia e outros eventos, catro profesores do Departa­mento de Física Interdisciplinar decidiron solicitar un proxecto á FECYT na convocatoria de 2018 e este foilles ao fin concedido. O proxecto ten por título Ciencia electromagnética: do cole á casa e nel colabora tamén a Asociación para a divulgación das Ar­tes e as Ciencias Colarte en Madrid, especializada na xestión de actividades de divulgación científica nos Ensinos de Primaria e Secundaria.

As charlas de divulgación de electromagnetismo que tradicionalmente imparten estes profesores consisten nunha serie de experimentos sinxelos sobre interacción magnética, relación entre electricidade e magnetismo e indución magnética. Nelas ofrécense as correspondentes explicacións sobre os fundamentos científicos involucrados, sempre adaptadas ao nivel do público asistente. No proxecto da FECYT foron programadas charlas similares en varios colexios da Comunidade de Madrid, que teñen unha vertente interactiva, pois os estudantes poden manipular os materiais experimentais preparados e realizar eles mesmos as experiencias propostas.

O proxecto conta, tamén cun elemento novo, que é a presentación dun conxunto de experimentos básicos de electromagnetismo especialmente preparados para seren  ofre­cidos aos estudantes nun kit, unha pequena caixa á que estes científicos denominan kit de Faraday

Algúns destes experimentos son similares aos presentados nas charlas e outros se inclúen como novidade. Inicialmente foron preparadas e montadas 150 unidades deste kit, de maneira que cada clase recibe 4 ó 5 caixas, coa idea de que os estudantes poidan tomalas en préstamo para re­petir as experiencias na súa casa e mostrarllelas aos seus familiares e amigos. O kit de Faraday é unha caixa bellamente serigra­fiada, grazas á contribución desinteresada da empresa de deseño gráfico Escuadra Comunicación, con aspecto de caixa de xoguetes, para que resulte máis atractiva para os nenos. No seu interior atópase todo o material necesario para levar a cabo as 11 experien­cias que propón: imáns, cables, pilas, tubo e placa de aluminio, etc.; pero tamén elementos construc­tivos como parafusos, pezas de madeira e un destor­nillador (concibiuse o “kit” desde unha perspec­tiva de bricoleur), así como todos os complementos necesarios para realizar as montaxes (desde clips suxeitapapeis ata papel de lixa). O kit inclúe un manual coa descripción dos experimentos, as instrucións de montaxe, as explicacións científicas, propostas de novos experimentos, advertencias de seguridade, etc.

Catro bloques 

Os experimentos do kit preséntanse en 4 blo­ques:

  •  Bloque 1. Imáns. Neste primeiro bloque apréndese a distinguir os polos dun imán e experiméntase co fenómeno de atracción/repulsión de polos distintos/iguais. Tam­én apréndese a identificar que materiais son ou non magnéticos.
  •  Bloque 2. Magnetismo terrestre. Aquí apréndese que a Terra compórtase como un imán e móstrase o fundamento da brú­xula mediante a construción dun compás caseiro. 
  • Bloque 3. Magnetismo a partir da corren­te eléctrica. Neste bloque constrúese un electroimán e un sinxelo motor eléctrico.
  •  Bloque 4. Indución electromagnética. Aquí móstrase basicamente o fenómeno do frea­do magnético.
Nos experimentos que realizan nas au­las engádese un quinto bloque de Indución a partir de corrente AC (que por motivos obvios de seguri­dade non se pode incluír no kit). Nel móstrase un experimento espectacular (que chaman­ a variña de Faraday), no que os escolares acenden unha lámpada led sen enchufarla a ningunha fonte de corrente, fano somente a partir da indución electromagnética dunha bobina próxima.

 “Como se comentou anteriormente, tras cada charla son entregados na aula 4 ou 5 kits (depende do número de estudantes) co obxectivo de que os escolares poidan tomalos en préstamo durante un breve período de tempo e realicen todos os ex­perimentos na súa contorna familiar, levando a cabo un pequeno traballo científico no cal anoten os resultados e implementen as suxerencias que se in­dican no manual”, sinalan os profesores responsables deste proxecto tan interesante.

Como complemento final deste proxecto, proponse aos estudantes participar nun concurso de vídeos, que deben gravar durante as súas sesións de experimentación co kit (un vídeo facendo algu­ na das experiencias, a que máis lles guste, na que engadisen algunha novidade…) e que deberán facer chegar aos profesores deste proxecto, que actuarán como xurado para levar a cabo unha se­lección dos mellores vídeos recibidos (a criterio do xurado) e aos autores, acompañados das súas familias, faráselles entrega dun premio nun pequeno acto público como o que tivo lugar o pasado mes de maio de 2020. Quen sabe se entre os nosos premiados teremos nun futuro un novo Michael Faraday… 

Este tipo de Aula de Divulgación UNED pode situarse tamén en todos aqueles centros escolares da provincia cuxos responsables o soliciten á Dirección de UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es