Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Reitor da UNED presidirá en Ourense a apertura solemne do Curso 2023/24 

3 de noviembre de 2023

O acto académico vaise celebrar o mércores, día 8 de novembro, ás 19:00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Será unha homenaxe á comunidade universitaria UNED na nosa provincia. Ricardo Mairal Usón inaugurará o curso, poñendo de seguido a nota musical as voces da Capela Madrigalista. 

OURENSE, 3 de novembro de 2023. O Reitor Magnífico da UNED, doutor Ricardo Mairal Usón, presidirá o solemne acto académico de apertura do Curso 2023-2024 de UNED Ourense, que terá lugar o día 8 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Xunto ao reitor estará o presidente da Deputación, Luis Menor Pérez, que tamén preside o Consorcio de UNED Ourense. Na mesa igualmente estará o tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea Bouzo, en calidade de vicepresidente do Consorcio. Completarán a mesa o delegado da Xunta de Galicia na provincia ourensá, Gabriel Alén Castro, o director de UNED Ourense, doutor Jesús Manuel García Díaz e a secretaria do centro universitario e do Consorcio, María Concepción Álvarez Gómez.

O acto comezará coa lectura da Memoria Académica do Curso 2022-2023, por María Concepción Álvarez Gómez, secretaria de UNED Ourense. De seguido, o profesor titor, doutor José Domínguez Alonso, pronunciará a Lección inaugural tituladaCompetencias profesionais docentes na atención á diversidade: unha visión renovada.

Haberá outra intervención breve de María Salomé Fernández Senra, en representación de todos os estudantes graduados no curso que rematou. O Colexio Oficial de Economistas de Ourense, coa presenza da súa decana, Carmen Sampayo David, fará entrega do premio ao mellor expediente nunha das tres carreiras de corte económico que ten a UNED: ADE, Económicas ou Turismo. Nesta ocasión o premiado é Ángel Sotelo Álvarez, egresado de ADE. A continuación imporase a cada estudante graduado (previa confirmación en Secretaría) a banda coa súa cor académica, e diploma.

Tras esta acción, tomarán a palabra, por esta orde, o delegado provincial da Xunta, o tenente de alcalde de Ourense, o presidente da Deputación, pechando o reitor da UNED, quen pronunciará tamén as verbas de inauguración do curso académico.

Rematará este acto coa actuación musical da Capela Madrigalista, que interpretará varias composicións para poñer o broche de ouro coa interpretación do himno académico Gaudeamus Igitur.

Ricardo Mairal Usón chegará a Ourense a media mañá e ten na súa axenda oficial dese 8 de novembro unha visita institucional ao Presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor Pérez, e outra ao Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.  O reitor será recibido e acompañado na cidade das Burgas polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Esta será a primeira vez que o actual reitor da UNED vén á nosa cidade en calidade de máxima autoridade da Universidade pública máis grande de España.

 

UNED Ourense

Comunicación

Campus NoroesteVisítanos
Canal UNEDAccede
Sede ElectrónicaAccede
Oficina de PrácticasOficina Prácticas
Librería Virtual UNEDAccede
Convocatoria Venia Docendi 2024-2025Accede
UNIDIS DiscapacidadAccede
Calendario académico 2024-2025Accede
BibliotecaAccede
Horarios OurenseHorarios OurenseHorarios OurenseHorarios A RuaHorarios A Rua
Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es