Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O luns 22 de xaneiro comezan as probas presenciais

15 de enero de 2024

UNED Ourense informa de distintos aspectos a ter en conta por quen acuda a examinarse.

OURENSE, 15 de xaneiro de 2024. A semana que vén comezarán as probas presenciais da Convocatoria de Febreiro na UNED. Se es un dos milleiros de estudantes convocados a estes primeiros exames, interesarache ter ben claros os seguintes puntos:

Cando son os exames

Onde se celebran

  • Sede da UNED en Ourense 
  • Todos os estudantes matriculados na Aula de A Rúa esaminaranse tamén na sede de Ourense.

A que hora se celebran

  • En catro sesións, dúas de mañá e dúas de tarde.
  • Primeira sesión de mañá, ás 9:00 horas.
  • Segunda sesión de mañá, ás 11:30 horas.

  • Primeira sesión de tarde, ás 16:00 horas.

  • Segunda sesión de tarde, ás 18:30 horas.
  • Todas as materias do cuadrimestre atópanse no calendario, as que figuran en horario matinal nunha semana, normalmente celebraranse en horario de tarde a outra semana.
  • Debes elexir que día de ambas as dúas semanas prefires para cada materia. A UNED oferta dúas posibles datas, pero só se pode escoller un día. 

  • É recomendable chegar, polo menos 15 minutos antes da hora fixada.

Que necesitas para realizar o teu exame 

  • Aportar o carné de estudante en vigor.
  • Acompañalo do DNI ou pasaporte en vigor.
  • É imprescindible dispoñer de ambos os dous documentos. Co carné de estudante poderás acceder ao exame; co DNI poderás entregar o exame e abandoar a sala. 

Normas durante o exame

  • Podes acceder á sala de exame ata 30 minutos despois de comezadas as probas.
  • Polo motivo anterior, non se pode abandoar a sala na primeira media hora.
  • Unha vez pasados 31 minutos do comezo do exame, podes entregar a túa proba e saír da aula.
  • No momento de entrega do exame ao Tribunal, debes colocar a folla de cabeceira (a que ten os teus datos e o código de barras) en primeiro lugar, xunto co DNI, incluso se deixache o exame en branco. 
  • Atención coa folla de cabeceira. Non debes doblala, nen arrugala, nen escribir na parte traseira, para evitar problemas de escaneo. Non se pode usar Tipex, pois dana o escáner.

  • Non se permite ningún tipo de dispositivo electrónico (móbiles, auriculares, reloxos, etc). Todo este material deberá apagarse por completo (non vale modo avión nen silencialo) antes de acceder á sala de exame. Deberán gardarse os reloxos intelixentes. En ocasións, os seus donos alegan que se trata dun reloxo sinxelo, sen conexión, pero aínda así, deberá desaparecer da vista del Tribunal. Dentro da sala non poderá escoitarse o son de ningún aparato electrónico nen voz algunha. Se isto acontecese, os membros do Tribunal actuarán en consecuencia, o que suporá unha sanción para o estudante interceptado incumplindo a normativa.
  • Se se necesita facer algunha consulta en pleno exame, o estudiante levantará a man sen falar, e un membro do Tribunal achegarase á mesa. 
  • Na mesa de exame, aparte da documentación persoal (carné estudante e DNI) únicamente debes ter o material indicado para a proba, que será revisado polos integrantes do Tribunal.

Certificado de asistencia

  • Tras realizar o exame, pódesese solicitar un certificado que acredite a asistencia a esa proba. Hai dúas maneiras de obtelo: unha, marcando na folla de cabeceira o recadro específico para o certificado; a segunda consiste en descargalo directamente desde o perfil de estudante UNED.

Contacto e horarios

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es