Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O director de UNED Ourense, premio Alecrín de Investigación

23 de julio de 2022

A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (FEGALCAT) fai públicos os 14 galardóns que serán entregados nun acto previsto no Teatro Principal de A Estrada o 10 de agosto.

Ourense, 23 de xullo de 2022. A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, FEGALCAT  vén de facer pública a acta da súa asemblea xeral extraordinaria celebrada con motivo do Día das Letras Galegas de Barcelona 2022. Nela acordouse a entrega dos Premios Alecrín 2022 ás seguintes 14 persoas físicas ou xurídicas:

  • Alecrín de Literatura, a Rexina Vega pola súa traxectoria literaria e polas diversas investigacións sobre a figura de Álvaro Cunqueiro.
  • Alecrín de Comunicación ao xornalista Martín Fernández Vizoso polo seu traballo na defensa da memoria da emigración galega, en xeral e dos emigrantes de Ribadeo en particular.

  • Alecrín de Promoción Cultural a Nordesía Produccións polo seu traballo de desenvolvemento de eventos artístico-musicais que fomentan e recollen a diversidade cultural.

  • Alecrín de Arte a Ramiro Cimadavila pola súa traxectoria persoal en pintura, e coa diáspora galega en Cataluña.

  • Alecríns de Empresa ao conglomerado empresarial AUSAMA, AUSAVIL e Irmáns Villar – Nearlamela, e á empresa Construccións Bamarti polo seu labor na defensa e apoio á lingua e cultura galegas.

  • Alecrín de Música a Benito Villar Fernández pola súa traxectoria neste campo.

  • Alecrín en Defensa do Gallego ao programa Dígocho Eu da TVG.

  • Alecrín de Investigación ao director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz.

  • Alecrín de Arte Audiovisual ao humorista Isi.

  • Alecrín de Música Tradicional ao Grupo Tequexetéldere da Estrada no seu aniversario.

  • Alecrín Escritora Local, a Rosalía Morlán que representou a Galicia en varios días de Sant Jordi.

  • Alecrín de Emigración a José María Vila Alén ex-presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, persoa moi relevante na colectividade galega en Arxentina.

  • Alecrín Berciano á Empresa Vallelongo polo seu apoio a ASOBECAT.

  • Alecrín Empresarial en Cataluña a Clean Channel. 

Tamén se aprobou por unanimidade o nomeamento de Socio de Honra a Pepe Ares (ex-presidente de Toxos e Xestas de Barcelona) e Eduardo Méndez (ex-presidentes de A.C.G. Saudade); do mesmo xeito acordouse entregar a Medalla de Ouro da FEGALCAT a título póstumo a Mónica González López, segundo o artigo 14.5 dos Estatutos de FEGALCAT. 

O director de UNED Ourense agradece este recoñecemento e engade que "foi toda unha sorpresa coñecer a miña presenza nesta edición dos premios do importante colectivo cultural en Cataluña". O labor investigador do doutor Jesús Manuel García Díaz desenvólvese en Galicia e entre os varios traballos por el elaborados destaca a importante investigación levada a cabo para estudar a depuración realizada no primeiro franquismo contra todos os mestres da escola nacional en todo o territorio da provincia da Coruña. É o traballo máis completo neste sentido sobre unha provincia galega.  "Esa foi a miña tese e envío un moi cordial agradecemento ao director da mesma, Julio Prada Rodríguez", sinalou o premiado". Á parte de varios artigos en revistas, García Díaz ultima o seu cuarto libro de Historia e ten en proxecto dous máis. Con este galardón o director de UNED Ourense suma outros dous: o Premio de Xornalismos José Aurelio Carracedo 2008 e o Premio Luís Tilve en Investigación e Divulgación Histórica de Galicia en 2018.

A entrega dos Premios Alecrín deste ano farase nun acto cultural no Teatro Principal da vila pontevedresa de A Estrada o día 10 de agosto ás 12. 00 horas. Organiza FEGALCAT, colaboran a Xunta de Galicia, a Generalitat de Cataluña, a Diputación de Barcelona, o Axuntamento de Barcelona e o Concello de A Estrada.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es