Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O CSIC anima a participar nun cuestionario relativo a alimentos procesados e cardiosaludables 

6 de mayo de 2024

Tamén ofrece participar voluntariamente entre maio e xuño en cinco sesións virtuais para facilitar información que mellore a dieta de persoas activas, obesas e hipertensas. Poderán participar membros da UNED e cidadáns en xeral que cumpran o rango de idade requerido.

OURENSE, 6 de maio de 2024. O Instituto de Catálise e Petroleoquímica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en diante ICP-CSIC, participa nun proceso de co-creación con consumidores de alimentos innovadores dirixidos á mellora e conservación da saúde humana. O estudo é parte dun proxecto europeo da EIT Food RIS Consumer Compromiso Labs para a co-creación de alimentos en Europa. EIT Food RIS Consumer Compromiso Labs é unha das maiores iniciativas para a co-creación de alimentos no noso continente, que desde 2019 impulsou o deseño, desenvolvemento e a introdución no mercado de máis de 20 produtos innovadores.

O equipo científico está integrado por investigadores do Instituto de Catálisie Petroleoquímica (ICP-CSIC) e do Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos (IATA-CSIC), coordinados pola Doutora Cristina Otero, do Grupo de Biocatálise e Bioenerxía (ICP-CSIC). 

"Necesitamos recrutar consumidores voluntarios de 40 a 65 anos de idade para realizar a co-creación do novo produto mediante videoconferencias (sesións en liña) de 90-150 minutos. Falarase de alimentos procesados e funcionais, ademais de hábitos de consumo. Valorarase o interese dos candidatos na alimentación para mellorar a súa saúde cardiovascular e o desenvolvemento de novos produtos alimenticios funcionais", sinala Otero.

Poden participar membros da comunidade da UNED do mesmo xeito que cidadáns en xeral, sempre que cumpran o citado rango de idade.

Serán cinco sesións. A información que os participantes proporcionen utilizarase para mellorar o modelo dietético de adultos moi activos, atletas, hipertensos e persoas con obesidade, ao ofrecer produtos máis saudables e naturais. A participación é totalmente voluntaria.

Esas sesións realizaranse desde este mes de maio ata mediados de xuño a través do formato virtual vía Zoom.

Esta é a ligazón do formulario de participación .

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es