Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Colexio de Economistas de Ourense e a UNED exploran vías de colaboración 

6 de mayo de 2021

La decana do Colexio e o director de UNED Ourense mantiveron un encontro oficial tras o que se irán concretando accións que redunden en beneficio da sociedade provincial. 

OURENSE, 6 de maio de 2021.- O  Colexio de Economistas de Ourense e a UNED exploran vías de colaboración. Así se desprende da reunión oficial que mantiveron esta mañá na sede colexial a súa decana, Carmen  Sampayo David e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz. Ao encontro asistiu igualmente a xerente do Colexio, Susana Díaz Barreiros.

Nun clima de ilusión e cordialidade ambas as partes manifestaron a súa plena colaboración en accións formativas tanto para os profesionais da economía e a empresa como para o público xeral, pois non se desbota a posibilidade de organizar actividades divulgativas que acheguen o mundo da economía a toda a sociedade ourensá.

Durante máis dunha hora a reunión fluíu por bo camiño de modo que o Colexio e a Universidade irán concretando pasos nos próximos meses.

“A UNED segue estando aberta a todos os sectores da provincia, aos poucos imos establecendo máis alianzas que, sen dúbida, serán beneficiosas para a nosa sociedade. 

UNED Ourense tende redes proveitosas en favor do desenvolvemento do territorio ao que servimos”, dixo o director García Díaz. Por parte da decana, Sampayo David, “queremos colaborar porque nos debemos á sociedade  e hai que devolverlle dalgunha maneira aquilo que dela recibimos, en forma de coñecemento”. Sampayo y García coincidiron no impulso que os move a contribuir ao beneficio da colectividad cidadá.  

UNED Ourense mantén contactos cun amplo abano de organizacións e instituciones para seguir apostando polo desenvolvemento ourensán desde o eido do coñecemento e a investigación.

UNED Ourense

Comunicación

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es