OURENSE, 23 de maio de 2020.- O Centro de Estudos de Xénero da UNED (CEG) deseñou un proxecto en liña cuxo nomee é Misceláneas: relatos e relatoras. Consiste, di a súa directora, Teresa San Segundo, (na imaxe), en que cada persoa interesada, home ou muller, grávese desde o móbil relatando un breve episodio da vida dunha muller/mulleres dentro da súa área de coñecemento, mulleres coñecidas e/ou recoñecidas polas súas aportacións á sociedade, testemuñas de muilleres esquecidas pola historia, descripcóns de cadros, libros, conceptos…, sempre relacionados cos estudos feministas. Como exemplo, estes son algúns dos puntos que poden axudar a encadrar estes microrrelatos:
-Rescatar e valorar o traballo das investigadoras e pensadoras: Breve biografía ou evento vital.
-Achegas de mulleres anónimas.
-Relatos de mulleres: sometemento e/ou resistencias á dominación masculina.
-Traballo de académicas e investigadoras feministas.
O proxecto está aberto a colegas doutras universidades que desexen participar e que vós/vos mesmos podedes convidar reenviando os datos que se necesitan para maquetar o vídeo e as normas de gravación que a continuación expoñemos.
As gravacións faranse a través do teléfono móbil e deberán ser enviadas ao seguinte correo: estudiosdegeneo@adm.uned.es . Figurará o nome e apelidos, título da gravación, Universidade, facultade e departamento, especificando se é titor ou titora nalgúns dos Centros Asociados da UNED.
As normas para a gravación son as seguintes:
-Grávate nun plano medio, do teu busto, ou un plano xeral do espazo onde estás e ten en conta ao facelo que debaixo da túa cara ou da túa imaxe irá un rótulo para identificarte e para facelo accesible a persoas con dificultades auditivas, non queremos tapar nada importante!
-Antes de gravarte, escribe a idea que queres contar e cronométrate lendo o guion en voz alta para axustarte a 60 / 60,15 segundos de duración máxima.
- Ponte cara a cámara e antes de empezar a falar conta mentalmente 3-2-1 e cando termines conta 1-2-3 antes de moverte, así se axusta a túa obra ás necesidades técnicas da montaxe.
O Centro de Estudos de Xénero da UNED ten como secretaria académica a Elena Corrochano e convida a toda a familia de profesores e investigadores da UNED para gravar estes vídeos, sempre sobre a traxectoria ou un aspecto dunha muller salientable no eido da investigación e do pensamento. Basta un só minuto para condensar a excelencia desa muller nun vídeo.
Podes ver o primeiro vídeo premando aquí.
Podes ver o segundo vídeo premando aquí.
Podes ver o terceiro vídeo premando aquí.
Podes ver o cuarto vídeo premando aquí.
Podes ver o quinto vídeo premando aquí.
Podes ver o sexto vídeo premando aquí.
Podes ver o séptimo vídeo premando aquí.
Podes ver o oitavo vídeo premando aquí.
Podes ver o noveno vídeo premando aquí.
UNED Ourense
Comunicación