OURENSE, 16 de abril de 2024. Allariz será a seguinte parada do ciclo de conferencias Os Camiños de Santiago: o Camiño Mozárabe o Meridional nas provincias de Zamora e Ourense, organizado por UNED Zamora e UNED Ourense. A cita será este mércores, 17 de abril, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello alaricano, un salón amplio que permite as conexións necesarias deste curso. Nesta ocasión a relatora será Alejandra Fernández González, avogada especializada en políticas de igualdade. O seu relatorio leva por título: O Camiño Meridional en perspectiva de xénero. Esta é a quinta conferencia do ciclo iniciado o pasado día 2 de abril na ciudade de Benavente. Viñeron desenvolvéndose sesións en Rionegro del Puente, en Puebla de Sanabria e en Verín. No acto do mércores se espera contar coa presenza da alcaldesa, Cristina Cid e co director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, que presentará á relatora.
Este ciclo está tendo éxito polas máis de 250 persoas inscritas desde outras zonas de España e do mundo, ademáis dos cidadáns que acoden presencialmente ás salas onde ten lugar o evento.
A última conferencia será este venres, ás 19:00 horas, en Ourense:
Para seguir en liña as conferencias hai que inscribirse gratuitamente aquí.
UNED Ourense
Comunicación