Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Descrifrando documentos históricos con paixón

23 de abril de 2024

O director do Arquivo Histórico Provincial salienta ser "unha satisfacción volver colaborar cunha institución tan prestixiosa como a UNED", co seu curso de Paleografía. O director do centro universitario en Ourense anunciou novas edicións dado o interese que desperta, pois este ano hai 75 matriculados de toda España, tamén de Alemania e Estonia.

OURENSE, 23 de abril de 2024. Na tarde do luns, 22, deu comezo a segunda edición do Curso de Iniciación á Paleografía Medieval, que organiza UNED Ourense coa Facultade de Historia da nosa universidade. Unha vez máis, profesores da UNED en colaboración con UNED Ourense celebran esta iniciativa de extensión universitaria que busca por en valor a riquísima documentación altomedieval que alberga o Arquivo Histórico Provincial da cidade.

Gracias ao éxito do ano pasado, volve celebrarse o curso con máis de 70 persoas matriculadas, entre estudantes presenciais e enliña, para a aprendizaxe das escrituras antigas.

A inauguración contou coa presenza do director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e dos profesores da Facultade, Adrián Ares Legaspi e Irene Pereira García, estando tamén presente o director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Pablo Sánchez Ferro.

García Díaz deu a benvida aos asistentes. "Dado o éxito que obtivemos na edición do curso pasado, o actual non vai a menos, polo que estamos moi satisfeitos. E facémolo desde estas magníficas instalacións do Arquivo Provincial de Ourense, un dos mellores de España non só pola súa arquitectura senon tamén polo riquísimo contido que custodia, pois a diferenza da gran maioría de arquivos, aquí permanece a documentación dos mosteiros medievais.". O director de UNED Ourense agradeceu ao director do Arquivo a súa disposición para acoller estes cursos da UNED, que se celebran con todo o rigor científico. E anunciou que haberá máis edicións, podendo estudarse, cando chegue o momento, celebrar un de iniciación e outro dun nivel superior.

Aspecto da mesa da aula desde onde se emite o curso na súa segunda edición, e onde hai algúns estudantes, un deles procedente de Jaca, que fai turismo estes días en Ourense. O resto de estudantes está en liña. 

Adrián Legaspi agradeceu a iniciativa da dirección de UNED Ourense para celebrar este curso no seu segundo ano, tamén mostrou o agradecemento a Sánchez Ferro e explicou aos estudantes a mecánica das sesións, que se celebran de 17:00 a 20:00 horas toda esta semana e que constan de partes teóricas e prácticas nas que todos os estudantes se involucran para ler e interpretar os documentos que se ofrecen e que todos eles son xoias do noso patrimonio. Media hora antes de finalizar cada sesión, técnicos do Arquivo serven unha pequena serie de documentos que colocan sobre a mesa para que podan ser comentados na sala e, grazas a unha cámara, a todo o resto de seguidores.

Sánchez Ferro dixo que para o Arquivo Histórico Provincial "é unha satisfacción volver colaborar cunha institución tan prestixiosa como a UNED. A Paleografía é unha das ciencias auxiliares da Arquivística, polo que para nós cobra pleno sentido participar no desenvolvemento deste curso a través da utilización nel de documentos orixinais que custodiamos. Somos un Arquivo cuns fondos históricos de gran antigüidade e interese. Esta actividade bríndanos a posibilidade de difundilos, e animar á investigación. O por ao dispor as nosas excepcionais dependencias resposta ao compromiso de servizo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa sociedade".

Irene Pereira, en plena explicación da escritura visigótica e carolina, para minutos despois dar paso á interpretación de documentos entre todos os asistentes ao curso.

Salienta a profesora Pereira que este ano "hai moitos estudantes da UNED que decidiron participar no curso como un complemento á súa carreira. Unha forma de por en práctica a formación recibida nas materias de Paleografía e Diplomática con documentos orixinais, e de preparar os exames de Grao, que están á volta da esquina. Tamén supón unha oportunidade única para tomar contacto co equipo docente e resolver sobre a práctica algunhas das súas dúbidas". A xornada do luns estivo dedicada ás escrituras visigótica e carolina na que os estudantes, aparte de repasar algunhas das súas características gráficas, "puderon coñecer e gozar de primeira man o que é un quirógrafo, un documento escrito en pergamiño coa palabra latina chirographum escrita no medio, que se facía por duplicado e  se cortaba para individualizar cada unha das partes que se entregaban aos intervintes dun contrato. Documentos privados de persoas descoñecidas, que pola s´çua antuiguedade e memoria teñen hoxe un valor incalculable". 

A doutora Pereira García, observando os documentos que ao final de cada xornada mostranse para seren comentados e exhibir así parte da riqueza documental que se garda no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

De Galicia hai 16, de Madrid hai 15 mentras outras 9 seguen o curso desde Cataluña. Hai 5 valenciáns e de Andalucía, Canarias, Aragón, Castela e León e Navarra seguen o curso 3 matriculados respectivamente. De Castela-A Mancha, Extremadura e Baleares seguen este curso de UNED Ourense 1 persoa respectivamente. Desde o extranxeiro hai dous estudantes matriculados en Alemania e un en Estonia. Este ciclo da dereito a obter 0,5 créditos ECTS.

UNED Ourense

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es