Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso sobre prevención e intervención en violencia xuvenil

18 de diciembre de 2023

Varios expertos intervirán neste ciclo formativo que se desenvolverá presencialmente do 16 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2024 nas instalacións de UNED Ourense.

OURENSE, 18  de decembro de 2023. UNED Ourense organiza un curso de Violencia Xuvenil, prevención e intervención, que se celebrará do 16 de xaneiro ao 2 de febreiro no salón de actos do centro universitario. Consta de 21 horas lectivas e 1 crédito ECTSDurante décadas, a delincuencia infantil e xuvenil tendeu a disminuir. Pero no 2022, as estatísticas de delitos policiais para sospeitosos menores de 18 anos mostran un aumento significativo. No eido dos delitos violentos, que inclúe homicidios, lesións corporais perigosas e roubos, o aumento é moi chamativo. Por que? Unha das razóns do incremento dos delitos violentos pode ser un cambio de actitude entre los xóvenes: o uso da violencia parece volver ser máis acetado nos últimos anos. O ministerio público salienta o gran número de menores de 14 anos investigados durante o ano 2022.

Este curso desenvolverase presencialmente e consta do seguinte programa:

Martes, 16 de xaneiro:

  • 16:30-18:30 h. A Policía Nacional, como actor na solución integral cara o dlimena: delincuencia xuvenil-sociedade débil. Co inspector xefe da Policía Nacional.
  • 18:30-20:30 h. Mesa redonda: estratexias de intervención e prevención. Participarán: Xosé Losada Enríquez, educador Social no Concello de Xinzo de Limia; Manuel Araujo Montero, técnico responsable OMIX Ribadavia e Laura Suárez Acuña, coordinadora da área Prisión Abierta de APES (Asociación para a Prevención e a Educación Social). Educadora e integradora social.
Xoves, 18 de xaneiro:
  • 16:30-20:30 h. O trastorno antisocial da personalidade en delincuentes xuvenis. Cara un determinismo biolóxico?, a cargo de Luis Alamancos Pampín, criminólogo, criminalista forense e perito xudicial.
Mércores, 31 de xaneiro:
  • 16:30-21:00 h. Violencia e educación: ferramentas para a prevención de condutas violentas. Con María Veiga González, educadora Social, persoal técnico en Cruz Vermella Xuventude Ourense.
Xoves, 1 de febreiro:
  • 16:30-21:00 h. Pornografía e violencia sexual. Reflexionar sobre a situación da poboación adolescente dentro da actual sociedade, as carencias do propio sistema e a necesidade de cambios estruturais centrados en la educación y cultura. Con Yerma González Hevia, psicóloga sanitaria y forense. Intervención con población infanto-juvenil.
Venres, 2 de febreiro:
  • 16:30-18:30 h. A violencia de xénero entre menores: a perspectiva da mediación, tema que desenvolverá Alejandra Fernández González, avogada de FG Abogados Ourense.
  • 18:30-20:30 h. Protección do menor, vítima de delito, no proceso penal. Especial referencia á proba preconstituida. A protección que ofrece o sistema penal ao menor, vítima de delito. En relación aos dereitos que lle ofrece o Estatuto da Vítima, a LECRIM e unha análise central da proba preconstituida do testigo-vítima menor de idade, facendo referencia ás modificacións introducidas pola reforma de 2021. Con Paula Blasco Muela, da Fiscalía de Área de Vigo.

Inscrición

As prazas están limitadas a 45.

A matrícula modalidade ESTUDANTES é para os que non pertencen á UNED (outras universidades, ciclos FP; Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música etc). Teñen que aportar copia da matricula do curso 2023-2024.

Os membros das Forzas e Corpos de Seguridade teñen que enviar copia do carné profesional.

A modalidade COLEXIADOS é para profesionais adscritos a un colexio profesional (teñen que enviar xustificante do colexio). 

Solicitouse a homologación provisional á Academia Galega de Seguridade Pública e créditos ECTS para estudantes da Universidade de Vigo.

Matrícula

A matrícula ordinaria custa 55 euros, e todas as demáis modalidades, 45 euros.

 Matrícula enliña , pero convén ter en conta que, por razóns técnicas, o proceso de matrícula en liña interrumpirase do 22 de decembro ao 1 de xaneiro de 2024. Desde o 2 de xaneiro volverá estar operativo.

Este curso está dirixido por Tiberio Feliz Murias, profesor Titular de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais na Facultade de Educación da UNED e coordinado por Jesús Alberto Carballo Bouza, licenciado en Psicoloxía e Profesor Titor de Psicoloxía en UNED Ourense.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es