OURENSE, 20 de maio de 2020.- Xa están dispoñibles os calendarios das probas escritas e orais do Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) da UNED por idioma, día e hora. As probas orais están previstas desde o 26 de maio ao 02 de xuño, empregando a aplicación e-Oral. As probas escritas faranse do 29 de xuño ao 03 de xullo, mediante o uso da aplicación AvEx
Nesta ligazón atoparás toda a información, así como acceso a exames de proba e videotutoriais de axuda.
Nas probas orais mantense o formato descrito nas guías das modalidades online e libre, que se aplicará nesta ocasión de forma excepcional tamén ao modelo semipresencial.
As probas orais poden realizarse en horario libre. Nas probas escritas modifícase a duración: para cada un dos dous exercicios (Comprensión lectora/Uso da lingua e Expresión escrita) en todos os niveis salvo C1 e C2, que contarán con 90 minutos.
Poderás probar a aplicación AvEx do 25 de maio ao 12 de xuño.
Se non dispós dos medios técnicos necesarios para realizar as probas orais e/ou escritas e non cubriches a enquisa do Proxecto UNED100%, podes comunicalo a través deste formulario ata o xoves 21 de maio ás 22.00 horas.
UNED Ourense
Comunicación