OURENSE, 16 de marzo de 2021.-A pandemia de Covid- 19 supuxo un cambio substancial nos nosos hábitos persoais e profesionais. Tanto é así que as condicións de traballo cambiaron de modo que o teletraballo impúxose como a norma xeral e noutros casos, as novas condicións no posto de traballo supoñen un cambio substancial respecto das condicións anteriores. Pero para manter un alto nivel de seguridade e poder implementar plans de prevención e continxencia nas empresas, é necesario que o propio persoal das organizacións fórmese e sexan conscientes do que deben facer para traballar con seguridade.
Con esta motivo UNED Ourense celebra un curso do 22 de marzo ao 26 de abril, virtual e en horario de 10.30 a 13.00 horas, que dá dereito a 1,5 créditos ECTS. En todas as sesións a relatora será Ana Belén Araujo Rodríguez, directora técnica de Grupo Ambiental e Alimentaria, S.L. É graduada en Microbioloxía e Parasitoloxía pola Uvigo; licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, especialidades Industrias e Enerxía, tamén pola Uvigo así como licenciada en Química pola mesma universidade. Conta co Diploma de Estudos Avanzados ( DEA) pola Uvigo: Aplicacións en microbioloxía e Parasitoloxía.
O curso consta de 30 horas lectivas e o programa é o seguinte:
O luns, 22 de marzo, comezará o modulo dedicado ao coronavirus no que se mostarán os principais organismos produtores de enfermidade. Características e patoloxía. Logo falarase dos virus e farase unha comparativa entre cepas da mesma especie de coronavirus.
O mércores, 24 de marzo, Araujo Rodríguez falará sobre Pandemias, epidemias e endemias. Concepto. Principais epidemias ocorridas nos últimos anos. Explicará que é a epidemioloxía para logo explicar a orixe, características, patoxenicidade e vías de transmisión da Covid-19. Esa mesma xornada comezará o segundo módulo, dedicado a Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A relatora falará entón de traballo e saúde, con conceptos a ter en conta e o efecto da Covid-19 no ámbito laboral. Pecharase a sesión dando datos sobre a Covid-19 como risco laboral.
O mércores, 7 de abril a mañá estará dedicada ao empresario e o traballador. Obrigacións e dereitos para explicar os equipos de protección individual. Tipos, características, modo de emprego-conservación e hixiene. Nesta xornada iniciarase o terceiro módulo, dedicado a Medidas xerais ás que se poden acoller as empresas. Aquí, Ana Belén Araujo falará da paralización da actividade por decisión da empresa.
Para o luns, 12 de abril está prevista unha sesión para falar acerca das medidas preventivas no caso de poder continuar coa actividade e sobre o teletraballo como medida organizativa. Nesa mesma xornada iniciarase o novo módulo, que nesta ocasión vai dedicado ás Medidas preventivas xerais de hixiene para evitar contagios. A docente expoñerá medidas xenéricas.
Dous días despois seguirá con temas como o lavado de mans, actuacións cara un confinamento, os espazos públicos e que facer se aparece algún síntoma.
Para o luns, 19 de abril, os matriculados neste curso meteranse noutro módulo, esta vez titulado: A información e a desinformación. Nel falarase do perigo da información nas redes sociais e as súas bulos así como da situación emocional #ante un confinamento, sen esquecer a Influencia da pandemia na saúde mental.
O mércores, 21 de abril haberá novo módulo, para tratar sobre Principais medidas preventivas a levar a cabo nos diferentes sectores de actividade. Ana Belén Araujo referirase ao Sector HORECA- Hostalería, restauración e cátering, e ao sector do turismo.
O luns, 26 de abril tratarase o último módulo, dedicado a Principais medidas preventivas a levar a cabo nos diferentes sectores de actividade. Os asistentes coñecerán esas medidas aplicadas aos sectores do comercio, do transporte e da limpeza.
Matrícula
A matrícula en liña finaliza o venres, 19 de marzo. A ordinaria costa 55 euros e a de estudantes e demandantes de emprego, 35 euros.
Esta acción formativa foi declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O curso está dirixido por Rosa María Garcinuño Martínez, profesora titular e directora do Departamento de Ciencias Analíticas na Facultade de Ciencias da UNED. A coordinación recae en María Concepción Álvarez Gómez, secretaria do Centro UNED de Ourense, profesora titora UNED Ourense e Master Universitario Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais.
Dirixido a calquera interesado que desexe orientar a súa carreira profesional á formación educativa; así como a todos aqueles profesionais que desexen perfeccionar os seus coñecementos técnicos nesta área.
Obxectivos:
UNED Ourense
Comunicación