OURENSE, 11 de xuño de 2020.- O texto do poema posto en música por Jorge Maronna é de Oliverio Girondo, poeta nado en Bos Aires, en 1891 e falecido en 1967, ano da formación de Les Luthiers, vencellado á vangarda porteña dos años 20 do pasado século e casado coa escritora Norah Lange.
“Queremos que esta música sirva de homenaxe a todas as vítimas da pandemia mundial orixinada pola COVID-19. Tanto aos que desgraciadamente se nos foron en casas, hospitais e residencias, como ao persoal sanitario e auxiliar que perderon a súa vida por axudar aos demáis no desenvolvemento do seu traballo. O noso máis sinceiro pésame aos seus familiares”, explica o director do Coro da UNED, Luis Antonio Muñoz.
As súas verbas, suscritas por todas as voces e instrumentos, expresan tamén o agradecemento “para todos aqueles que colaboraron no día a día contribuíndo á normalidade en momentos tan difíciles i estranos. Ao persoal sanitario e de investigación, aos corpos de seguridade do estado, a todos os traballadores de servizos básicos e a todos os cudadáns polo seu comportamento exemplar".
Góceno na canle Youtube.
Aida Fernández
Comunicación UNED