OURENSE, 2 de setembro de 2022. O vindeiro luns, día 5, comezan as probas presenciais de setembro, as últimas do curso 2021/22. Os exames realizaranse íntegramente na sede do Centro Asociado de Ourense, onde podes examinarte de todas as carreiras que imparte a UNED, incluídas as que non se titorizan no Centro. Recorda que na Aula Universitaria de A Rúa NON se realizan exames.
Si desexas examinarte noutro Centro distinto ao que estás matriculado debes solicitalo por escrito, á atención da Dirección do Centro onde vas examinarte, xunto cunha fotocopia do resgardo de matrícula.
Os estudantes de Grao, Mestrado Oficial, Cursos de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Centro Universitario de Idiomas da UNED (CUID) dispoñen únicamente de unha semana para realizar os exames das materias pendentes:
Hai catro sesións ao longo de cada xornada: dúas na quenda mañá (9:00 e 11:30 horas) e dúas na quenda de tarde (16:00 e 18:30 horas). Consulta o calendario de exames aquí para coñecer que quenda se axeita mellor ás túas necesidades.
Exames de reserva (sábado 10 de setembro):
É necesario acudir co carné de estudante deste curso académico 2021/2022, acompañado do DNI, documentos que serán requeridos polos membros do Tribunal de Probas Presenciais.
Durante os días de celebración de exames, a sala de lectura da Biblioteca de UNED Ourense, permanecerá aberta de continuo en horario de 9:00 da mañá a 9:00 da noite, de luns a venres.
Desde UNED Ourense recoméndase que a chegada ás instalacións se faga con 15 minutos de antelación.
Calquera outra consulta podes facela en:
UNED Ourense
Comunicación