Convocatoria de 15 prazas para estudantes UNED no Campus Rural
21 de julio de 2022
Cada seleccionado para este programa estatal terá unha axuda de mil euros brutos mensuais xunto aos gastos de seguridade social.
OURENSE, 21 de xullo de 2022. Convócanse 15 prazas para estudantes de Grao e Mestrado Oficial da UNED, preferentemente, 7 para as ramas de Ciencias Sociais e Humanidades, 7 das ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñerías e 1 para o seguinte estudante ou a seguinte estudante con maior puntuación, independente da rama, para a realización de prácticas académicas externas extracurriculares na contorna rural no marco do Programa Campus Rural.
O Programa Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades Públicas Españolas, que permitirá que os universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas en municipios de menos de 5.000 habitantes en zonas rurais con problemas de despoboamento de calquera Comunidade Autónoma do estado español, a través de entidades públicas e privadas cuxas dependencias estean situadas nas zonas obxecto da iniciativa, xa se trate de concellos, mancomunidades e outros organismos. Tamén en asociacións, Cámaras de Comercio ou fundacións sen ánimo de lucro e empresas legalmente constituídas, entre outras.
O obxectivo que se persegue é que estudantes universitarios de calquera titulación oficial poidan completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas externas extracurriculares no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Cada estudante seleccionado para este programa contará cunha prestación económica de 1.000 euros brutos mensuais, xunto aos gastos de seguridade social.
A Universidade recibirá as achegas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, debendo destinar as mesmas:
- ao pago dunha bolsa ou axuda económica ao estudante participante.
- ao cumprimento das obrigas que, en materia de seguridade social, fiscal ou de calquera outro tipo con carácter xeral, correspondan ou poidan chegar a corresponder, por imperativo legal ou regulamentario, ao que ostente a condición de empresario ou equivalente en relación cos estudantes que realicen prácticas, segundo Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, e Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, ou calquera outra normativa de carácter xeral que a complemente, modifique ou substitúa, incluídas, entre outras, no seu caso, as de alta, cotización e ingreso, pago de cotas e seguros, mesmo de accidentes ou de responsabilidade civil.
As prácticas realizaranse entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de 2022, non podéndose realizar fóra deste período.
Requisitos para o estudantado:
- Ter formalizada a matrícula na UNED no curso académico 2022-23, nunha titulación que figure entre as descritas na oferta de prácticas no momento da convocatoria, na data de finalización de presentación de solicitudes.
- Os e as estudantes de Grao terán que ter superado o 50 % da carga lectiva total do seu plan de estudos na data de finalización de presentación de solicitudes. Os e as estudantes de Máster Oficial deberán superar ou estar matriculados en polo menos o 50 %dos créditos do Máster, na data de finalización de presentación de solicitudes.
- Presentar unha Certificación Académica Persoal de Materias Cursadas no Estudo (Grao/Mestrado Oficial) na que apareza a nota media con dous decimais e créditos superados.
- Manifestar estar disposto a residir no mesmo municipio no que realiza a práctica.
- Confirmar por escrito a súa aceptación da praza no prazo establecido.
- Entregar a memoria da práctica ao finalizarse e, en todo caso, antes do 15 de febreiro de 2023.
Criterios de selección:
- Nota media de expediente.
- En caso de similar nota media, terase en conta o maior número de créditos superados.
- Seleccionaranse 15 estudantes, preferentemente 7 estudantes das ramas de Humanidades e Ciencias Sociais e outros 7 das ramas de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñerías, con 1 praza para o seguinte estudante ou a seguinte estudante con maior puntuación, independentemente da rama.
- Unha vez asignada ao estudante ou á estudante unha praza nunha entidade, non se pode solicitar ningún cambio de entidade.
- Se un estudante ou unha estudante renuncia á asignación, non se lle pode asignar outra entidade; a entidade á que renunciou pasa de novo á listaxe de entidades pendentes de asignación.
Prazos:
- Presentación da solicitude para participar no programa: 21 de xullo ao 19 de agosto de 2022.
- Prazo de corrección: 22 de agosto ao 1 de setembro de 2022.
- Publicación da listaxe provisional: 2 de setembro de 2022.
- Prazo de reclamacións: 3 ao 14 de setembro de 2022.
- Resolución provisional de admitidos: 15 de setembro de 2022.
- Prazo de aceptacións e renuncias: 16 ao 19 de setembro de 2022.
- Novas concesións a suplentes: 20 ao 22 de setembro de 2022.
- Publicación de resolución definitiva: 23 de setembro de 2022.
Presentación da solicitude:
A lista de entidades que participan, as súas localizacións e os perfís das prazas ofertadas atópase, xunto co Anexo I “Solicitude Programa Campus Rural”, na seguinte páxina web da Oficina de Prácticas.
Para participar na selección para o programa, deberá enviar a solicitude que aparece no Anexo I (dispoñible na páxina web indicada anteriormente), debidamente enchida e acompañada pola documentación requirida, á seguinte dirección de correo electrónico: oficinadepracticas_extracurriculares@adm.uned.es
UNED Ourense
Comunicación