OURENSE, 3 de febreriro de 2025. O galardón, creado coa idea que a figura de Ramón Otero Pedrayo non sexa esquecida polas novas xeracións, está dotado con tres mil euros, repartidos en tres categorías:
Os podcast deberán versar preferentemente sobre temas ligados ao universo oteriano, como o medio natural, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral ou a tradición oral. As pezas que se presenten, en formato podcast e vídeo, deben enviarse ao correo da asociación (amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com) entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo deste ano 2025. O xurado que valorará os traballos estará formado por cinco persoas expertas no campo da comunicación e a cultura.
A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo elixirá o xurado, que estará formado por cinco persoas expertas no campo da Comunicación e da Cultura e que, ademais de fallar o premio aos mellores traballos e difundilos por todas as canles das que
dispón a entidade, seleccionará as mellores pezas non premiadas para poñelas en acceso aberto na súa páxina web. Na valoración das pezas terase en conta, de forma preferente, o vocabulario, voz e dicción, xesticulación (no seu caso), organización do discurso, argumentación e calidade técnica.
O premio resolverase nos meses do verán e darase a coñecer o día 31 de agosto. A entrega dos galardóns será en Trasalba, nun acto que se organizará antes de finais de 2025 e no que haberá unha degustación de produtos Coren que ofrece esta
cooperativa no marco da súa colaboración co premio.
UNED Ourense, a través do seu director, integra a directiva desta asociación cultural na que están igualmente profesionais da comunicación e da Universidade.
UNED Ourense
Comunicación