Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Comeza o curso de olivicultura da UNED

20 de octubre de 2022

Na Aula de Extensión de A Rúa máis de 37 persoas de distintos puntos de España e de Alemaña formaranse entre o 21 de octubro de 2022 e o 29 de abril de 2023 para adquirir os coñecementos básicos do cultivo e tratamento da oliveira.

OURENSE, 20 de octubro de 2022. Este venres, día 21, comeza na en Aula de Extensión de A Rúa, de UNED Ourense, o curso de introducción á olivicultura. Os docentes ponentes José Espinosa Sánchez, biólogo, consultor, membro do Comité de Cata "Aceite de Quiroga" e Antón Alonso Suárez, director e editor de www.vinosycaminos.com, que intervirá o último día. Este curso permite achegar ao estudiante o cultivo da oliveira e adquirir coñecementos sobre a botánica ou as  variedades de oliveira existentes. Tamén se formará na fructificación, a producción, a maduración ou o emprego axeitado do solo en torno ao cultivo da oliveira. O horario das sesións entre o venres, 21 de outubro de 2022 e o sábado, 29 de abril de 2023 será de 16:00 a 20:00 horas todos os venres e de 10:00 a 14:00 horas as sesión que coinciden en sábado. Polo de agora, posto que a matrícula segue aberta, hai 37 persoas matriculadas que residen en Canarias, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid e tamén hai algunha persoa matriculada desde Alemaña.

 Programa:

  •  Venres, 21 de outubro de 202: Plantación: Selección razonada entre os modelos "antigo", intensivo e superintensivo.
  • Venres, 4 de novembro de 2022: Desenvolvemento e mantemento. Labores de poda. Tipos de poda.
  • Venres,11de novembro de 2022: Producción: A recolección como momento crítico. Envero e maduración. Determinación e identificación de clases e o estado de maduración.
  • Venres,16 de decembro de 2022: Determinación e identificación de clases ou estado de maduración.
  • Sábado, 17 de diciembre de 2022: Prácticas en campo (Presencial).
  • Venres, 24 de febreiro de 2023: Análise sensorial ou organoléptico como ferramenta para a descrición e diagnóstico do aceite. A súa diferencia coa "cata" institucional tipificatoria ou clasificatoria do aceite.
  • Venres, 10 de marzo de 2023: Fases da análise sensorial: Visual, Auditiva, Nasal, Bucal, Táctil e Retronasal.
  • Venres, 14 de abril de 2023: Correlación de los valores sensoriales con las condiciones de cultivo y recolección de aceitunas, extracción del aceite y almacenaje.
  • Venres, 28 de abril de 2023: Prácticas presenciais.
  • Sábado, 29 de abril de 2023: Formación e futuro.
  • Asistencia

    Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido.

    Matrícula 

    Os estudantes alleos á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música), teñen que aportar copia da matrícula do curso 2022-23. A matrícula en modalidade especial é para os Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL) A matrícula ten un prezo ordinario de 45 euros. Si se trata de alumnos da UNED, será de 30 euros, o mesmo que si se trata de estudantes ou de persoas en situación de desemprego. Matrículate aquí

    Este ciclo formativo está dirixido por Rosa María Garcinuño Martínez, profesora titular na Facultade de Ciencias e Directora do Departamento de Ciencias Analíticas na UNED. Vai destinado especialmente a profesionais ou futuros especialistas do sector agrícola, industrial ou técnico relacionado co cultivo desta planta que necesiten ampliar os seus coñecementos e interesados en xeral. 

    Obxectivos

    • Crear nos asistentes as improntas sensoriais que permitan recoñecer e identificar defectos en aceites e identificar a súa orixe ou causa.
    • Recoñecer as distintas categorías comerciais de aceites, en especial os aceites de calidade gourmet dentro dos de oliva virxe extra.

    • Observar os efectos da calidade do aceite en aplicacións culinarias.

    • Considerar a olivicultura como un xerador de rendas e de emprego, un sector que satisface necesidades de carácter ambiental, de ordenación do territorio e de equilibrio social.

    Metodoloxía

    É un curso de formación de 50 horas lectivas (40 horas presenciais ou en directo e 10 horas de traballos a distancia a realizar na casa). O sistema de avaliación  constará dun traballo final a realizar sobre a materia impartida segundo as directrices do docente do curso.

    Colaboran AMIAQUIGAL e www.vinosycaminos.com 

    Este curso afecta aos ODS 4, 12 y 15.

    UNED Ourense

    Comunicación

    Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es