OURENSE, 22 de febreiro de 2023. A UNED Sénior inicia o seu segundo cuadrimestre con cen estudantes. Nesta ocasión dispoñen de catro materias para aprender e gozar con elas. Así, os luns, ás 16.30 horas terán unha sesión de Crimes sen resolver? con Alejandra Fernández González, materia nova. A continuación, é dicir, ás 18.30 horas, Fabio Tabarés Santalices dálles a materia Érase unha vez a vida: nutrición, saúde e enfermidade. Os xoves teñen unha cita con Miguel Guerra Rodríguez quen, ás 16.30 horas explicaralles Filosofía Contemporánea II. Tras esta sesión chegará César Pichel Rodríguez para falarlles cada semana do Camiño Mozárabe ao seu paso por Ourense.
María Concepción Álvarez (de pé) xunto á relatora, Alejandra Fernández, que imparte a materia "Crimes sen resolver?"
Todas as sesións levan a cabo no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Este segundo cuadrimestre alongarase ata o 5 de xuño, interrompéndose as clases entre o 3 e o 9 de abril con motivo da Semana Santa. Tamén será festivo o 1 de maio, Día do Traballo.
Os estudantes dos luns e xoves foron recibidos pola profesora titora María Concepción Álvarez Gómez, coordinadora da UNED Sénior en Ourense e o PAS de UNED Ourense Luís Gulín Iglesias, animáronos a afrontar este tempo de clases á vez que lles agradeceron optar por UNED Sénior, que leva desenvolvendo actividade na nosa cidade desde o curso 2015-16.
O profesor Miguel Guerra, explicando "Filosofía Contemporánea II".
UNED Sénior é un programa formativo dirixido a esas persoas maiores de 55 anos como ti, que buscan completar a súa experiencia profesional e coñecementos previos, sexan cales sexan, cunha formación que che permita actualizarche e adquirir unha maior comprensión e participación na sociedade actual. Apoiándonos na nosa rede de Centros tanto en España como no exterior, a UNED pon á túa disposición unha formación actual e dinámica, orientada a temáticas de claro interese social e impacto local, tales como a tecnoloxía ou a informática aplicada, os idiomas, o benestar mental ou físico, o patrimonio ou a cultura autóctona nas súas máis diversas manifestacións.
Fabio Tabarés impártelles unha materia acerca da nutrición, a saúde e a enfermidade.
Os nosos máis de 300 cursos impártense por expertos, cunha metodoloxía didáctica, flexible, participativa e práctica, adaptada a persoas como ti. É un programa de carácter esencialmente presencial. Con todo, e dado que a UNED pode achegar a formación en liña que lle é propia, o programa tamén ofrece esta modalidade de aprendizaxe, cando é necesario. Se estás a pensar nunha universidade próxima, de calidade, que dá resposta ás túas necesidades e intereses como parte dun grupo social cada vez máis numeroso e activo, non o dubides, busca un Centro UNED adscrito ao programa e matricúlache en UNED Sénior. Serás un máis dos case 8000 estudantes sénior que anualmente pensan que nunca é tarde para aprender.
César Pichel fálalles achega do Camiño Mozárabe ao seu paso pola provincia ourensá.
En UNED Ourense este programa está consolidado e son moitas as persoas maiores de 55 anos que desexan enrolarse neste equipo de estudantes que desta forma están mentalmente activos con materias da súa agrado, xa que as que se imparten vótanse para que ao final sexan 8 a repartir entre os dous cuadrimestres. O ambiente é agradable entre persoas ás que lles gusta ampliar coñecementos dun modo non regrado. Persoas que fan amizade entre elas porque comparten ese interese común por participar nas diferentes materias.
UNED Ourense
Comunicación