Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Celanova, O Carballiño e Xinzo de Limia acollerán tres actos sobre a UNED

24 de mayo de 2022

O director de UNED Ourense explicará aos ciudadáns dos tres concellos como se accede e estuda na universidade pública máis grande de España co maior campus de Europa

OURENSE, 24 de maio de 2022. Os concellos de Celanova, O Carballiño e Xinzo de Limia celebrarán actos abertos a todos os seus veciños para darlles a coñecer a UNED. A iniciativa está en sintonía coa liña da Dirección de UNED Ourense de achegar esta Universidade coa súa realidade a todos os sectores da sociedade provincial. Así, o primeiro destes actos terá lugar o día 6 de xuño na Casa da Cultura do Carballiño, ás 20.00 horas. O segundo está previsto en Celanova, o día 8 de xuño, ás 19.00 horas, no salón dos arcos, na sede municipal. E o terceiro fixouse para as 20.00 horas do día 21 de xuño na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, desprazarase ás tres vilas acompañado polo técnico administrativo Luís Gulín Iglesias. "Agradezo aos tres gobernos municipais a súa disposición para mostrar a UNED aos seus cidadáns. Fai un par de anos xa estiveramos en Celanova e O Carballiño e é unha satisfacción volver. Poderán asistir cantas persoas queiran. Tamén é interesante que acudan aqueles cidadáns inmigrantes para que coñezan as posibilidades de acceso á universidade que a UNED, que iste ano cumpre medios século, lles ofrece. Quero unha UNED viva na provincia, á que ten moito que ofrecer como gran universidade nacional e pública que é, a máis grande do Estado, cun nivel de esixencia que a distingue e a prestixia, porque é así como un pode obter unha boa formación", sinala o director.

UNED Ourense está a desenvolver unha importante campaña de promoción en toda a provincia. É unha notable extensión rexistrada no seu plan de comunicación e que xa se materializou en varios relatorios celebrados nos últimos anos en distintas vilas da provincia e tamén na capital. Do mesmo xeito se achega aos estudantes  de bacharelato dos IES, _campaña que está en vigor e que ten éxito entre os mozos_, sen esquecer aos escolares, 411 dos cales xa participaron e gozaron no programa de Aulas de Divulgación Científica desta universidade, que volverá nos próximos meses. "O movemento demóstrase camiñando, e niso estamos, conscientes da importancia que supón a acción semipresencial da UNED na nosa provincia desde fai trinta anos. Unha acción reforzada co paso do tempo ata chegar aos nosos días, nos que tamén participamos en iniciativas de ámbito internacional. Aos poucos continuamos facendo universidade, e polo tanto, facendo Ourense, cada día", sinalou García Díaz.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es