Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Campus Noroeste da UNED ofrece un curso sobre o patrimonio como recurso de desenvolvemento local

14 de septiembre de 2021

Ourense aporta o proxecto do Camiño Minhoto-Ribeiro. Os relatorios terán lugar do 28 de setembro ao 28 de outubro, ás 17.00 horas, e poderán seguirse de modo presencial ou en liña, previa inscripción de balde. Participarán os centros asociados de Asturias, A Coruña, Lugo, Ourense, Palencia, Ponferrada; Pontevedra, Segovia, Soria e Zamora. 

OURENSE, 14 de setembro de 2021.-Unha vez que parece que xa superamos as peores fases da pandemia da COVID-19, todo indica que gran parte da sociedade desexa gozar coa inmensa riqueza patrimonial que atesoura España. Nese senso, sen dúbida, algúns dos principais tesouros artísticos, culturais e naturais atópanse nas provincias e rexións do Campus Noroeste da UNED. Por iso organizamos unha serie de conferencias que non só evidencian esa riqueza patrimonial, coa esperanza de revitalizar a actividade turística, senón que serven para mostrar algunhas das múltiples ferramentas nas que se poden apoiar os pertencentes a ese sector tan importante na economía nacional.

O curso inaugurarase o 28 de setembro, ás 17.00 horas, coa presenza do director do Campus Noroeste, doutor Víctor Manuel González Sánchez e a primeira relatora, desde UNED Segovia, doutora Inés Monteira Arias, profesora titular de Historia da arte na UNED. A conferencia comezará ás 17.15 horas, na que Monteira falará sobre Grandes portadas románicas do Camiño de Santiago. O segund relatorio está fixado para o día seguinte, mércores, desde UNED Palencia ás 17.00 horas, o catedrático de Historia Económica, doutor Juan Helguera Quijada, explicará A Canle de Castela.

O venres, 8 de outubro, serán protagonistas as visitas teatralizadas na Coruña, da man dun técnico de Turismo do Concello da cidade herculina. Para o 13 de outubro está previsto que Carlos de la Casa Martínez, xefe do Servizo Territorial de Cultura e Turismo de Soria, ex- director xeral de Patrimonio da Junta de Castilla y León, e profesor titor da UNED en Soria, diserte acerca de Xestión e planificación do patrimonio cultural en Castela e León

UNED Zamora achegará, o 14 de outubro, neste caso, ás 18.00 horas, o relatorio titulado: Un novo recurso turístico entre Zamora e Salamanca: O roteiro dos Murais da Idade Moderna. Diso falará Sergio Pérez Martín, comisionado de Patrimonio da Junta de Castilla y León e profesor titor da UNED en Zamora.

Lugo entrará en escena o 18 de outubro, coa participación do guía de Turismo e docente, Guido Álvarez Parga. A súa conferencia leva por título: A provincia de Lugo e os seus tesouros históricos e naturais, desde o Centro da UNED en Lugo. Tamén intervirá José Pérez Vázquez, experto en Ciencias Ambientais.

O patrimonio mineiro será protagonista neste ciclo do Campus Noroeste da UNED concretamente o 19 de outubro, pois ese martes, o titor de UNED Ponferrada, Francisco Balado Insunza, ofrecerá o relatorio titulado: A posta en valor do patrimonio mineiro (industrial e arqueolóxico)

A UNED Ourense tocaralle intervir o 21 de outubro, xoves, coa presenza do arqueólogo Jorge Lamas Bértolo, profesional implicado no Proxecto do Camiño Minhoto-Ribeiro, que será o seu tema. Para o 25 de outubro, xoves, desde UNED Asturias, o doutor Ángel Mato Díaz, deterase na Arquitectura do Prerrománico Asturiano.

A última xornada do curso será o xoves, 28 de outubro. Desde UNED Pontevedra, Alexandra Touza David, especialista en Turismo Responsable, Desenvolvemento e Cooperación, tentará poñer resposta á seguinte pregunta, que titula o seu relatorio: Como poñemos en marcha un proxecto turístico local? 

Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro. A matrícula é gratuíta. Está dirixida a estudantes dos graos en Turismo, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Ambientais, Historia da arte e en Xeografía e Historia; profesores de ensino secundario nestas materias; e persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre o patrimonio natural, artístico e cultural, así como das actividades turísticas do noso país.

 - Presencial 

- Streaming en directo.- O alumno matriculado recibe a clase a través dun computador onde queira pero en datas e horario marcado. A ligazón para a conexión envíase por email, pero tamén pode descargarse dun documento de https:// extension. uned.es/ miespacio

 - En diferido.- Unha vez finalizado o curso de maneira presencial, e despois de cada sesión facilitarémoslle as ligazóns das gravacións (no prazo duns poucos días), no correo electrónico de matrícula do curso e no meu ESPAZO: https:// extension. uned.es/ miespacio (opción 1: estudante UNED; opción 2: estudante non UNED).

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es