OURENSE, 27 de febreiro de 2024. O chamado Camiño Meridional abrangue a parte do meridiano e sur de España. É un camiño que non coincide co Francés, sendo polo tanto unha ruta diferente. Dí o desaparecido estudoso deste Camiño, Elixio Rivas Quintas que por esta ruta xa pasaran os romanos e milleiros de viaxeiros e peregrinos sucesivamente no tempo. É un vieiro ben marcado tal como conta Bernardo de Aldrete, pelegrín a Santiago xunto a outros cabaleiros que partiron desde Córdoba nas primeiras semanas do ano 1615. Por este Camiño tamén transitou o séquito de Juana de Castilla e o seu esposo, Felipe el Hermoso, cando se valeron desta ruta para dirixirse a Remesal, en Palacios de Sanabria, habendo saído de Ourense, no século XVI. Estamos ante un gran Camiño de humanización, un itinerario de riqueza patrimonial, de santos e de reliquias. Por todo elo, UNED Ourense e UNED Zamora organizan o ciclo Os Caminos de Santiago: o Camiño Mozárabe ou Meridional nas provincias de Zamora e Ourense, que consistirá en seis sesións a impartir en: Benavente, Rionegro del Puente e Puebla de Sanabria na provincia zamorana, e Verín, Allariz e Ourense, en territorio galego. O curso será presencial e en liña, sen custe algún de matrícula. A súa inauguración terá lugar na Aula UNED de Benavente, en presenza dos directores de ambos os centros asociados: Jesús Manuel García Díaz, de Ourense e Antonio Rodríguez González, de Zamora, e tamén dos presidentes das Deputacións de Zamora, Javier Faúndez Domínguez e de Ourense, Luis Menor Pérez. Todas as sesións están previstas para las 19:00 horas. A cada relatorio pode acudir calquera cidadán interesado. Con esta iniciativa preténdese animar a vida cultural das localidades máis pequenas que serán sede dalgunhas das conferencias propostas.
Profetas no Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, templo de visita obrigada na ruta xacobea do Camiño Meridional.
O programa é o seguinte:
Os obxectivos deste ciclo son:
Esta é a primeira colaboración que levan a cabo os centros de UNED Ourense e UNED Zamora. Preténdese que sexa o primeiro de varios, debido ás potencialidades comúns das dúas provincias.
Para seguir cada conferencia en liña, previamente é preciso inscribirse gratuitamente pinchando aquí. Unha vez inscritos, a UNED enviará os enlaces de conexión.
UNED Ourense
Comunicación