Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense aposta con firmeza pola Calidade

17 de junio de 2021

O Centro Asociado participou este xoves nun encontro nacional xunto cos centros da UNED en Barcelona, Valencia e Teruel, para expor os seus traballos e progresos na Carta de Servizos que ofrecen á sociedade á que serven. 

OURENSE, 17 de xuño de 2021.- O Centro Asociado á UNED en Ourense foi un dos catro que participaron esta mañá expoñendo a súa experiencia no ámbito da Calidade. Xunto a UNED Ourense participaron os centros da UNED en Teruel, Valencia e Barcelona. Desde estes centros asociados fíxose unha exposición acerca de como se implantou a Carta de Servizos en cada un deles. Os relatorios emitíronse para todos os centros da UNED en España e no estranxeiro. Foi inaugurada pola Vicerreitora de Coordinación Académica e Calidade, Nancy Anne Konvalinka, e polo Vicerreitor adxunto de Centros Asociados, Íñigo Tejera Martín. A xornada foi organizada dese a Cátedra de Calidade da UNED, ubicada en Tudela, e conducida por Ruth Arretxea Enériz.

Por parte ourensá interviñeron o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e o PAS encargada de Calidade, Rosa María Estévez Suárez. No noso centro asociado nomeouse un Comité de Calidade, o cal está formado polo director do Centro, a secretaria e dous técnicos de Calidade con formación nesta área. O devandito comité organiza e xestiona todos os procesos que teñen que ser valorados ou organizados por Calidade. En Ourense a área de Calidade vese alentada polo equipo de Dirección, que marcou desde o principio un traballo firme neste campo innovador. A Dirección alenta aos traballadores para que sexan creativos e contribúan con iso á innovación en todos os aspectos profesionais que desenvolven .

“A nosa misión é que cada proceso estea totalmente documentado e con todas as evidencias necesarias para poder valoralo. Así poderemos ver as virtudes e os fallos do centro.  De feito, unha das melloras que vemos no noso centro é que nas reunións do comité valóranse outras ideas de mellora para o centro e se ven viables, fanse efectivas”, sinalou Rosa María Estévez.

Cada Centro Asociado debe ter establecido un sistema de xestión para cumprir cos compromisos que ten establecidos na carta de servizos. “O noso sistema de xestión organizouse en protocolos, pola utilidade, para que todos teñamos claro como hai que facer as cousas e onde deben de estar”, engadiu Estévez. Entre os protocolos foi destacado o de Comunicación externa de UNED Ourense, deseñado polo director, e que espertou interese noutros centros da Universidade.

En canto aos sistemas de participación de estudantes son, segundo expuxo García Díaz, “o contacto co delegado de alumnos; o sistema de queixas, suxerencias e reclamacións; tamén a través das mensaxes que a Dirección envía aos estudantes; igualmente, a través do departamento de Comunicación ofrecemos toda a actualidade do centro a través da nosa web, e das redes sociais. Mediante este servizo toda a comunidade universitaria de UNED Ourense coñece a actualidade do Centro e da Universidade. Previa cita, os estudantes poden acudir a falar co director no seu despacho, cuxas portas están sempre abertas”.

Foi unha xornada de gran interese que redundará en beneficio da comunidade universitaria da UNED.

 

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es