OURENSE, 10 de decembro de 2024. No Centro Penal de Pereiro de Aguiar celebrouse este martes unha reunión entre o seu director, Francisco González e o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García. Sumouse tamén a subdirectora de Tratamentos do centro penal, Ana Martínez. O obxectivo deste encontro foi acelerar as xestións para que a Aula UNED de Pereiro comece a dar o servizo que demande a poboación interna do devandito centro. Hai varias accións que se poden implementar por parte da UNED, segundo expuxo o seu director en Ourense.
A Aula UNED de Pereiro atópase na zona educativa da prisión e consta de varios computadores a través dos cales os internos soamente poderán conectarse á formación que escollan na UNED. Non hai acceso a nada máis, por medidas de seguridade. Neste centro hai sobre 240 internos, e farase unha consulta para ver que áreas de coñecemento puidesen ser do seu interese, pois teñen a oportunidade de estudar cursos e graos, estes últimos, na maioría de casos, tras superar o Curso de Acceso. En Pereiro hai varios internos facendo o Bacharelato e hai outros dous que están a estudar cada un o seu grao universitario.
Ambos os directores teñen a ilusión de que a Aula UNED sirva aos internos como un medio importante para cambiarlles a vida e optar a novas oportunidades.
O Programa de Estudos Universitarios en Centros Penais é froito do desenvolvemento dos Convenios asinados entre o Ministerio de Universidades, o Ministerio de Defensa, a Secretaría Xeral de Institucións Penais do Ministerio do Interior e a UNED. O seu obxectivo é incrementar o nivel formativo e cultural da poboación recluída en territorio nacional, posibilitando, a través da metodoloxía a distancia, o seu acceso aos estudos universitarios. Para alcanzar este obxectivo, a UNED pon ao dispor dos estudantes internos en centros penais os seguintes servizos e materiais:
UNED Ourense
Comunicación