OURENSE, 3 de outubro de 2024. UNED Ourense celebrou unha Xornada de Portas Abertas esta mañá, que consistiu nunha sesión no salón de actos e un percorrido guiado polas instalacións. Foron recibidos varios novos estudantes, catro deles veñen da EBAU. O director, Jesús Manuel García, recibiunos cun "benvidos á vosa casa", e expúxolles a estrutura organizativa da UNED, tamén de como se organiza territorialmente en campus cos seus centros asociados en territorio nacional e os que ten no estranxeiro. Animounos a non perder o tempo, a pensar ao grande e afrontar o estudo con ilusión. Convidounos a utilizar a sala de estudo do centro asociado, que abre 12 horas cada día, de luns a venres, de modo que poidan acceder a varios libros na biblioteca e traballar con eles alí mesmo. "Se facedes iso, moitos días durante o curso teredes un traballo enorme realizado e os vosos exames serán sobresalientes porque teredes dominada a materia".
Jesús Carballo, profesor titor de Psicoloxía e responsable do Centro de Orientación e Emprego (COIE) de UNED Ourense, faloulles de como organizarse, como estudar na UNED, e do servizo que presta aos alumnos o COIE para calquera aspecto acerca de orientación.
David Fidalgo falou dos beneficios persoais que lle reportou estudar Dereito en UNED Ourense, pois asegurou que o esforzo feito cambiouno interiormente dun xeito importante.
O director pediulles que utilicen sempre o seu correo de estudantes, pois é a maneira de estar ao día. Igualmente aconselloulles acudir ás titorías cada semana, para verse cos compañeiros e seguir crecendo no estudo coa axuda e orientación dos profesores titores. Explicoulles a diferenza entre os profesores titulares da universidade, que traballan nas facultades e escolas superiores da UNED, e os profesores titores, que desevolven esa función nos centros asociados. "Estes profesores son verdadeiros expertos nas súas materias, e teñen na súa maioría moitos anos de experiencia nesa función, polo que vos van aclarar moitas dúbidas e vanvos guiar pola materia", díxolles García.
Nun ambiente distendido, parte dos asistentes preprándose para facer a visita guiada polas instalacións do centro universitario ourensán.
Un egresado de Dereito, David Fidalgo, expuxo a súa experiencia na UNED. Contoulles como tras facer a súa carreira nesta universidade, cambiouno por dentro. Sinalou que agora é máis paciente, máis reflexivo, que tamén lle reportou o ler moito todos os días; que é máis autoorganizado, disciplinado, ademáis de salientar a formación que adquiriu. Díxolles que a metodoloxía UNED "engancha". Os estudantes fixeron as súas consultas, sobre os exames e outros aspectos ao longo da reunión. Un momento do percorrido, cando os visitantes se achegaban á zona da Biblioteca Xeración Perdida e á sala de estudo, na que estaba traballando unha estudante de ADE.
Tras a sesión no salón, comezou unha visita ao centro ourensán, da man do director. A comitiva viu todas as dependencias. Nalgunhas quedaban asomados na porta e García facíaos entrar, para que o visen todo. Visitaron as aulas de titorías, a sala de profesores, a biblioteca, a sala de estudo, os laboratorios e en aula de exames. Jesús Manuel García explicoulles a mecánica destas probas presenciais, algo que só se pode levar a cabo con ese sistema informático coñecido como Valija Virtual, que organiza con precisión desde a distribución dos examinandos na aula ata calquera incidencia que poida xurdir en tempo real no texto de calquera exame.
No salón de actos celebrouse a sesión informativa coa presenza do director, Jesús Manuel García, e do responsable do COIE, Jesús Carballo. Na sala estaban tamén a profesora titora María Concepción Álvarez e o PTGAS Luis Gulín.
Aos asistentes quedoulles clara a realidade da UNED, a súa nova casa para formarse e tentar ser os mellores profesionais do futuro. A sesión celebrouse nun ambiente cordial e familiar. Algunhas das asistentes máis novas aseguraban que sabendo o que hai que estudar e render na UNED, xa teñen os seus horarios de estudo perfectamente organizados para seguilos a machada. "No voso caso é ao que estades, a estudar, e se vos organizades ben teredes tempo para todo", díxolles o director, que agradeceu a presenza de todos os asistentes, ofrecéndolles todo o apoio posible. Pediulles que saquen o maior partido a todas as posibilidades que lles brinda a nosa universidade, tanto presencialmente no centro asociado como nos foros virtuais. García amosoulles a sala de estudo, lindante coa Biblioteca e o que elo supón se os estudantes queren aproveitar tempo para consultar in situ varios libros, pois a sala abre 12 horas de luns a venres.
En UNED Ourense haberá unha segunda xornada de Puertas Abertas en febreiro, cando se abra a segunda fase de matricula do presente curso, para o segundo quadrimestre. O perfil desta universidade seguie rexuvenecendo cada ano..
UNED Ourense
Comunicación