OURENSE, 21 de xullo de 2020.- Xa está publicada no BOE a Orde pola que se fixan os prezos públicos polos servizos académicos universitarios e outros servizos na Universidade Nacional de Educación a Distancia, para o curso 2020-2021. Entre as bonificacións de matrícula previstas como familia numerosa, discapacidade, vítimas de terrorismo e de xénero, recóllese tamén sufrir a enfermidade COVID-19 ou prestar servizos no Sistema Nacional de Saúde, nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, os Corpos de Policía dependentes das comunidades autónomas e das corporacións locais, durante o período de vixencia do estado de alarma.
Tamén a UNED realizou un seguimento exhaustivo da afectación directa da COVID-19 ao estudantado para poder atender a esas situacións especiais e facilitar o aprazamento dos seus exames, pois está prevista unha nova convocatoria en setembro sen afectación académica nin económica. En total, 991 estudantes padeceron ou padecen a COVID-19; 796 estudantes traballaron durante o estado de alarma ou traballan en servizos esenciais e 676 viviron unha situación de análoga natureza e consideración, tales como situacións de duelo. En total, 2.463 alumnos e alumnas da UNED tiveron unha afectación directa nesta crise.
As medidas tomadas foron implementadas despois dun amplo diagnóstico pola gran cantidade e diversidade de estudantes que ten esta universidade pública, co obxectivo de garantir o dereito á avaliación e, segundo palabras do seu propio reitor, Ricardo Mairal, “para non deixar ningún estudante atrás, en ningún caso”.
Consultar aquí a bonificacións na matrícula para estudantes afectados pola COVID-19
A UNED ten aberto o seu prazo de matrícula en Graos, Mestrados e Acceso á Universidade ata o 22 de outubro. A súa oferta componse de 28 graos, 11 graos combinados e 79 mestrados. Na maioría das tres titulacións tamén permanece aberto o período de Admisión para os novos estudantes. Todas as demandas xestiónanse unicamente a través de Internet.
Balance positivo do programa UNED 100% de medidas especiais adoptadas durante a COVID-19
A UNED puxo en marcha o pasado día 22 de abril o programa UNED 100% co obxectivo de acompañar os procesos de evaluación e peche do curso 2019/2020 das máis de 135.000 persoas matriculadas en materias de Grao e Mestrado durante o segundo cuadrimestre.
Tendo en conta a diversidade presente entre os estudantes da UNED, tiveronse que tomar medidas especiais para colectivos que poideran ter dificultades para a realización dos exames non presenciais como consecuencia da CIVID-19. Entre as medidas adoptadas destacan facilitar os recursos tecnolóxicos necesarios para realizar os exames e dotar de máis tempo para a preparación dos exames/adaptación ás necesidades especiais. incluíndo unha convocatoria ordinaria de xuño a realizar en setembro para que os estudantes non perdan a convocatoria de xuño, nen académica nen económicamente.
Censo UNED 100% Para identificar as necesidades derivadas da crise da COVID-19 elaborouse o Censo UNED 100%, do que se extraeron datos fundamentais para a aplicación de medidas adecuadas. Son os seguintes:
UNED Ourense
Comunicación