Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aproveita para matricularte en Química Insólita e Virus Emerxentes, dous títulos da UNED que se adaptan a ti

15 de noviembre de 2021

Ambos, xunto a outras 800 propostas, teñen aínda o periodo de matrícula aberto ata o vindeiro 30 de novembro

OURENSE, 15 de novembro de 2021.  O programa de Química Insólita ofrece ao profesorado de todos os niveis de ensino recursos atractivos para despertar o interese  nos seus alumnos. Tamén pode resultar útil para quenes queiran coñecer as facetas máis insólitas do amplo mundo das transformacións da materia. Todos temos certo coñecemento sobre o COVID, obtido  mediante a convivencia con él e os seus efectos na saúde. Saberás todo sobre él e outros virus emerxentes ou reemerxentes, os seus efectos e como vencelos co curso de Experto Universitario en Virus Emerxentes

Todos os títulos propios da Facultade de Ciencias

Elix o teu título de Formación Permanente

Matrícula nun dos títulos propios da UNED

Quen non querería sorprender aos seus alumnos ou coñecidos con experimentos tan sinxelos como vistosos: arte iridiscente con leite, deterxentes e colorantes; pilas electroquímicas con limóns, patacas...; xardíns químicos, árbores químicas; volcáns químicos, aerosois volcánicos; tintas que aparecen e desaparecen; iniciar un lume con auga e non poder apagar un lume con auga; serpes químicas do Faraón, negra, verde…; pasta de dentes para xigantes; plástico e pegamento a partir de leite; explosións de po, explosións de fertilizantes; esferificaciones e outras reaccións químicas gastronómicas.… É Ciencia que podes aprender no posgrao Química Insólita.

 O COVID 19 mostrou ao mundo a peor cara dos virus. Pero non foi o único que sementou a enfermidade, a desesperación e a morte. Sóanche o virus do Nilo occidental; o da rabia; a síndrome respiratoria agudo grave -SARS-; os de transmisión sexual; o do Zika; a Gripe A…? Todos protagonizaron grandes epidemias. No curso Virus Emerxentes poderás coñecer os zoonóticos máis perigosos para a humanidade, cando e como apareceron, como se transmiten, como se diagnostican no laboratorio as enfermidades que causan, a súa composición e desenvolvemento e as vacinas e terapias biotecnolóxicas para combatelos. E tamén informaranche sobre o bioterrorismo que utiliza os virus como armas biolóxicas; e da ciencia que estuda as condicións de traballo con virus emerxentes, a bioseguridade.

Fai curriculum

Ata o 30 de novembro podes inscribirte nun dos 827 títulos propios de Formación Permanente que che permitirán iniciar ou completar os teus estudos. Son programas de todas as áreas de coñecemento e en todos os niveis de capacitación que demanda a sociedade. Segundo a túa cualificación previa, poderás conseguir desde un Certificado de Ensino Aberto, que non require ningún título anterior, ata un Mestrado, para graduados ou licenciados. Moitos dos programas inclúen, unha estrutura modular que che dota de novos títulos académicos segundo vaias sumando créditos.

A vicerreitora de Formación Permanente, Beatriz Badorrey Martín explica como os 827 cursos están deseñados para manter a aprendizaxe ao longo da vida e para actualizar os coñecementos e capacitación das persoas. Están agrupados en dous grandes bloques, dependendo da formación previa, universitaria ou non universitaria: Posgrao, que inclúe programas modulares nos que cursando maior ou menor número de créditos obtéñense distintas titulacións, máis completas canto maior é o número de créditos; e Desenvolvemento Profesional e Persoal, que contén os títulos de Ensino Aberto, sen requisito algún de formación previa e que adoitan respostar a demandas concretas de sectores económicos e industriais. Cada crédito europeo (ECTS) está estimado pola UNED en 25 horas de estudo e dedicación á materia estudada.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es