Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED celebra esta fin de semana en Monterrei un curso sobre a pegada dos xudeus nesta vila

1 de octubre de 2019

Varios poñentes falarán dos xudeus na Idade Media, de xudeuconversos, de viño, turismo e o programa incúe unha visita guiada a Monterrei

OURENSE, 2 de outubro de 2019.- A UNED celebra un curso organizado por esta Universidade sobre o legado dos xudeus na vila de Monterrei, que terá lugar do 4 ao 5 de outubro de 2019 nas instalacións do Parador Nacional de Monterrei. Consta de 0,5 créditos ECTS e 10 horas lectivas. Patrocinan a Xunta, o Xacobeo 21 e o Concello de Monterrei e colabora Paradores. A primeira noticia que se ten dos xudeus en Galicia é en Celanova, en 1044. Máis tarde hai un rexistro no ano 1200 en Allariz e tamén noutros documentos menciónase a sinagoga de Ourense en 1345. Existen numerosas pegadas da súa presenza, como as noticias do rabí que había en Allariz, a rúa da Sinagoga na cidade vella coruñesa, ou os cemiterios dos que quedan probas escritas en Pontevedra, Monterrei, Allariz e Tui. Entre as ocupacións profesionais dos xudeus, atopábanse as relacionadas coa administración das posesións dos nobres en calidade de mordomos ou recadadores, os labores de médico e diferentes ramas do comercio e a artesanía. Máis información na seguinte ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/idactividad/19857

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es