Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Arrancan as titorías do novo curso en UNED Ourense

30 de septiembre de 2024

Trátase dun servizo académico importante co profesorado experto nas materias dos Graos. Por outra banda, o centro universitario anima a utilizar a Sala de Estudo da Biblioteca, que abre 12 horas ao día, de luns a venres. O periodo de matriculación segue aberto ata o 22 de outubro,

OURENSE, 30 de setembro de 2024. Co inicio das titorías, UNED Ourense lembra aos seus estudantes a importancia de utilizar este servizo co profesorado titor seguindo o calendario semanal que corresponde ás materias de cada grao. A UNED conta cunha figura docente exclusiva: o Profesor-Titor, que desenvolve a súa tarefa de forma local nos Centros e Aulas UNED repartidos por toda a xeografía nacional. Os profesores-titores traballan de forma coordinada co equipo docente das Facultades ou Escolas para orientar e apoiar aos estudantes de cada centro e facer un seguimento personalizado ao longo do curso. Os profesores-titores encárganse das titorías, xa sexan presenciais ou a través de videoconferencia, que poderán ser semanais e quincenais.

Na actualidade, a titoría presencial reforzouse grazas a sistemas avanzados de videoconferencia e taboleiros dixitais interactivos (aulas AVIP), que permiten ofrecer, ao tempo, a titoría en directo a distintos centros á vez, optimizando desta forma os recursos dispoñibles, con independencia do tamaño dos centros. Entre as súas funcións principais, e sempre en coordinación co Departamento correspondente á materia cuxa titoría imparten, destacan: 

  • Facilitar orientacións para a preparación da materia e aclarar dúbidas de contidos
  •  Realizar, seguir e cualificar as prácticas das materias que o requiran
  •  Corrixir as probas de avaliación continua e explicar os criterios aplicados Informar o profesor ou equipo docente responsable de cada materia do nivel de preparación dos estudantes, especialmente a través da avaliación continua
  •  Orientar aos estudantes para as probas presenciais
  •  Participar no seguimento do curso virtual 
 

Os estudantes poden comunicarse cos seus profesores-titores de forma persoal no Centro Asociado, ou a través dos foros virtuais das titorías. A razón de ser desta figura non é outra que a consciencia plena da importancia da presencialidade na formación en liña, clave do éxito da metodoloxía da UNED.

A selección dos profesores-titores realízase a través dun concurso público de méritos, atendendo aos principios de publicidade, mérito e capacidade. Todos eles están en posesión do título de Graduado, Licenciado, Enxeñeiro, Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou equivalente relacionados coas materias que titorizan. E a gran maioría son doutores na súa materia. "É moi recomendable facer uso deste servizo, porque ao estudar sempre aparecerán dúbidas e dificultades que os profesores titores saben resolver. En UNED Ourense hai 15 salas de titorías dotadas coa tecnoloxía que lles é propia. Todas as tardes, de luns a venres, desde as 16:00 h ata as 21.00 horas leva a cabo o servizo de titorías, nos que cada estudante pode non só obter guía senón dialogar con ese profesorado sobre o tema correspondente do programa académico", sinala o director, Jesús Manuel García. "O ambiente de tarde é agradable, os estudantes teñen prazas de aparcamento e poden achegarse nunha das tres liñas de buses urbanos que pasan xusto por diante da nosa sede", engade.

Sala de estudo

UNED Ourense ofrece outro servizo como é o da Sala de Lectura e Estudo, contigua á Biblioteca. Nese espazo, que permanece todo o día en silencio, pódese organizar o estudo particular. Está dotada de conexión wifi, ten mesas inclinadas e abre de luns a venres, de 08:00 horas a 14:00 horas, e de 15:00 horas a 21:00 horas. Tanto opositores como estudantes da UNED poden utilizar esta sala e, no segundo caso, teñen a man a Biblioteca para consultar cuantos libros poidan en cada unha desas sesións de estudo. "Queremos un centro vivo, que os ourensáns saiban que hai que utilizalo, que se presta funcionalmente a iso", indica o seu director.

 

Lembra que estamos en pleno período de matriculación na UNED, ata o 22 de outubro. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es