Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Arranca a XXXIV edición dos Cursos de Verán da UNED

17 de mayo de 2023

Do 19 de xuño ao 28 de setembro desenvolveranse 155 cursos en 67 sedes. Van destinados a maiores de 18 anos e con tarifas reducidas para grupos como desempregados, maiores de 65 ou beneficiarios de familias numerosas. Tamén seguirán os cursos estivais en Centros Penitenciarios para estudantes internos e externos.

OURENSE, 17 de maio de 2023. A presentación da XXXIV Edición dos Cursos de Verán UNED tivo lugar esta mañá na sede de Escolas Pías de UNED Madrid. Esta edición, que se celebrará entre o 19 de xuño e o 28 de setembro, contará con máis de 150 cursos, en liña e presenciais, impartidos en 67 sedes repartidas entre os 39 Centros UNED que participan nesta convocatoria e outras entidades colaboradoras por toda España. Este ano, ademais, súmase Lisboa á proposta. O acto de presentación estivo presidido polo reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, xunto a Miguel Ángel Vicente Cuenca, director xeral de Execución Penal e Reinserción Social de Institucións Penais; Jesús de Andrés Sanz, vicerreitor de Centros Asociados da UNED; Marta Moreno González, vicerreitora adxunta de Cursos de Verán da UNED, e Claudia Sevilla Sevilla, directora de UNED Madrid. Todos eles puxeron en valor que os Cursos de Verán da UNED supoñen “a maior oferta e a maior cobertura”, o cal posiciona á universidade como un verdadeiro referente na materia.

A UNED mantén tamén nesta edición a súa colaboración con Institucións Penitenciaras, grazas á cal se ofrecen cursos de verán en distintos centros penais tanto para estudantes externos como internos.

Durante o acto de presentación, o reitor, Ricardo Mairal, deu as grazas a todos os centros UNED por facer posible o despregamento territorial do que xa se coñece como "o maior campus de Europa", facendo chegar a cultura a territorios atravesados polo reto demográfico ou que pertencen á España Baleirada. Tamén salientou "o firme compromiso coa igualdade de oportunidades", algo que a UNED recolleu nos seus principios fundacionais e que se traduce na participación de centros penais noutra edición máis dos cursos. "A través da educación é posible a reinserción social", declarou Ricardo Mairal, en agradecemento ao Ministerio de Interior, que posibilitou de novo a súa participación. Tamén ao Banco Santander, por seguir apostando pola realización dos cursos.

Matrícula

A matriculación estará dispoñible desde hoxe e ata o comezo de cada un dos cursos para calquera persoa, con independencia da súa formación, salvo indicación expresa da dirección do curso. Todas as persoas interesadas maiores de 18 anos poderán matricularse no curso de forma telemática. Ademais, terán matrícula reducida presentando a documentación pertinente en cada caso de grupos como desempregados, maiores de 65 anos, vítimas de violencia de xénero ou beneficiarios de familia numerosa. Os cursos son renovados cada ano para axustarse á oferta cada vez máis cambiante provocada polas transformacións da sociedade. Doutra banda, os seus organizadores buscan promover o valor de xustiza social, acesibilidade e universidade aberta que tanto caracteriza á UNED, permitindo chegar o coñecemento a calquera espazo da sociedade. Entre os membros e relatores académicos, destacan non só catedráticos de diversas universidades senón tamén profesionais de empresas, Ong e organizacións internacionais de prestixio expertos nas súas áreas.

Atrévete cos Cursos de Verán da UNED

Máis información aquí

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es