OURENSE, 26 de novembro de 2021. Os obradoiros foron desenvolvidos polos profesores doutores Óscar Gálvez González, Manuel Pancorbo Castro, Mikel Sanz e Juan Pedro Sánchez Fernández, todos eles pertecentes ao Departamento de Física Interdisciplinar da Facultade de Ciencias da UNED. Os catro estiveron acompañados pola vicerreitora Primeira e vicerreitora de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica, Rosa María Martín Aranda, e polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz.
Os obradoiros de electromagnetismo comezaron minutos despois das 10 horas en duas salas da planta primeira do colexio. Nunha delas fíxose presente de forma especial a fundadora do centro escolar, Madre Salud Conde Nieto e Sor Vicenta García García. Tamén estaba a directora do colexio, María Diez así como mestres do mesmo.
Os rapaces estiveron moi participativos e ofrecíanse como voluntarios para facer cada ún dos once experimentos propostos. Todos eles se conteñen nun estuche denominado Kit de Faraday, preparado polos profesores citados, con apoio da FECYT, ColArte en Madrid e a Facultade de Ciencias da UNED. Cada estuche foi entregado a cada ún dos cinco tutores dos grupos mencionados para que os alumnos fagan eses experimentos. Os estuches están serigrafiados, grazas á contribución desinteresada da empresa de deseño gráfico Escuadra Comunicación, con aspecto de caixa de xoguetes, para que resulte máis atractiva para os estudantes. No seu interior atópase todo o material necesario para levar a cabo as 11 experiencias que propón: imans, cables, pilas, tubo e praca de aluminio, etc.; tamén ten elementos construtivos como tornillos, pezas de madeira e un destornillador así como todos os complementos necesarios para realizar as montaxes (clips, suxeitapapeis, papel de lixa...). Cada estuche leva un manual no que se describen os 11 experimentos, como se montan, as explicacións científicas, advertencias de seguridade, etc.
A sesión comezaba explicando que é un imán. Os escolares daban a súa definición e ían aprendendo co que os físicos lles complementaban. Foron coñecendo os polos dun imán e comprobaron o efecto de atracción-repulsión de polos diferentes ou iguais. Os rapaces contaban que materiais son ou non magnéticos. E logo comprobabano facendo o experimento. Nun grupo de Primaria houbo un escolar que sorprende a todos polo seu nivel de coñecementos ao respecto, e a desenvoltura coa que se expresaba, que arrancou o sorriso e admiración da Madre Salud. En xeral había un bon nivel nos xoves.
A continuación detivéronse en coñecer o magnetismo terrestre e viron gráficos co campo magnético do noso planeta, que funciona coma un imán. Causou moita expectación, neste momento, o estudo da brúxula, o seu comportamento e como construir unha.
Os asistentes a estes obradoiros tamén souberon que a partires da corrente eléctrica se pode ter magnetismo. O poideron verificalo grazas á construción dun electroimán e un motor eléctrico moi sinxelo. As sesións foron tan didácticas e tan divulgativas que marabillaron a todos.
Aínda houbo máis, pois demostrouselles a inducción electromagnética, que se emprega para o freado magnético de camións, por exemplo. Os escolares do Miraflores souberon como se comporta ese sistema de freado.
Todos estes experimentos se conteñen no estuche entregado a cada tutor. Os rapaces gozaron con outra proba que por razóns de seguridade non se inclúe no Kit de Faraday. Trátase de demostrar a inducción a partires de corrente AC. E fixérono empregando a variña de Faraday, permitindo aos alumnos encender unha lámpara led sen enchufala a ningunha fonte de corrente, consegiedo encenderla grazas á inducción electromagnética dunha bobina cercana. Causoulles moito interese tamén comprobar como ao usar unha variña de aceiro oca, poñela en vertical e deixar caer no seu interior unha boliña metálica, esta sae polo outro extremo en dous segundos.
Pero a sorpresa chegoulles cando a boliña tardaba máis tempo en caer. Ao final, o profesor amosoulles que estaba usando dúas boliñas, pero unha delas imantada. Esta última tardaba máis en saír polo extremo inferior da variña dado que ía creando campos magnéticos que a ían ralentizando.
Os catro físicos da UNED volcáronse nas súas explicacións cos nenos e nenas participantes de xeito que conseguiron, non só mater o interese mais tamén divertilos coa ciencia. Seguro que ao chegar á casa máis de ún destes estudantes preguntaría aos seus pais se hai algún imán a man na casa ou calquer outro elemento empregado nesta mañá tan especial.
Charla distendida
Mentras se ían desenvolvendo estes obradoiros, tanto a vicerreitora Primeira como o director de UNED Ourense se dirixiron ao aula de primeiro de Bachalerato para conversar cos alumnos, animándoos a seguir formándose e a que inclúan no seu día a día a paixón por canto fagan. Ambos animaron aos mozos deixándolles craro que cos seus estudos e os que fagan cando cheguen á Universidade, o seu ámbito xa non será o inmediato no que se desenvolven seon todo o mundo.
Nese nivel os xoves aínda non teñen decidido que queren estudar. Polo de agora ún anceia facer INEF, outro entrar na Forza Aérea; unha alumna estuda Piano e quere combinalo no seu momento con, posiblemente, unha carreira de ciencias. Pero non todos saben a ciencia certa a que queren dedicarse. Coñeceron dúas experiencias profesionais para que visen que se queren, poden. Que non debe haber lugar para o desánimo senón todo o contrario.
Foi unha pequena charla agradecida por todos os participantes, incluidos os docentes que tambén asistiron para animar a estes mozos que en menos de dous anos estarán cursando estudos superiores. Díxoselles que coa preparación que agora teñen e seguen adquirindo, non lles será difícil adatarse ao primeiro curso da carreira que escollan.
Desde a dirección do colegio, como desde a UNED fíxose un balance moi positivo dos obradoiros desenvolvidos nesta primeira parte da Aula de Divulgación UNED que o centro educativo quixo ter fai uns meses, propoéndollela á Universidade. O director de UNED Ourense salientou que esta experiencia se pode facer en calquer colexio ourensán. "É un xeito de achegar a UNED aos escolares, mostrándolles o que sabemos facer, ciencia. Cada vez que se realizan estas experiencias é como sementar un terreo; seguramente moita desa semente espallada dará froito. Eso fixemos hoxe. E agradezo á dirección do colexio a súa decisión e desexo de pedirnos colaboración científica; tamén ao equipo de físicos da nosa Facultade de Ciencias desprazado a Ourense, pola súa experiencia contrastada e veterana que cada ún deles ten na divulgación científica. Un luxo que desexo poda aproveitarse ao máximo na nosa terra, máis nestes tempos líquidos nos que é preciso apostar polo coñecemento rigoroso e non futil", dixo Jesús Manuel García.
UNED Ourense
Comunicación