OURENSE, 25 de novembro de 2020.-Por circunstancias de forza maior, témosvos que comunicar que o curso de Violencia Obstétrica non se pode realizar nas datas previstas do 30 de novembro ao 2 de decembro. A razón é que dúas das docentes puxéronse de baixa por enfermidade un mínimo 14 días, e en tan curto prazo énos imposible substituílas, xa que eran responsables do 40 por cento da docencia do curso.
Por tanto, en acordo coas docentes, a coordinación do curso e a Dirección do Centro UNED de Ourense, decidiuse pospoñer a actividade no mesmo horario para os días 17,18,19 de febreiro de 2021 (mércores a venres) despois do entroido. Barallábase a opción de xaneiro, pero vendo que entre os matriculados hai bastantes alumnos da UNED e nas semanas do 25 de xaneiro ao 14 de febreiro imos estar en exames, non queriamos prexudicarlles.
Por esa razón, aqueles a os que as novas datas véñanlles desde agora mal, poden escribirnos e enviámoslles o formulario para a devolución das taxas. Se pouco antes das novas datas algún, por calquera circunstancia, ve que se lle vai complicar a participación, tamén se lle devolverían as taxas previa comunicación. De todos os xeitos, lembrade que o curso é en directo e diferido, a todos enviaránselles as sesións gravadas, aínda que se conectaron en directo. As sesións gravadas -segundo Intecca- adoitan estar dispoñibles uns 14 días. A matrícula seguirá aberta a partir do luns, día 30 de novembro, xa modificada coas novas datas.
Sentimos o contratempo, pero a saúde nestes tempos é prioritaria e esperamos contar coa vosa comprensión.
UNED Ourense
Comunicación